Vence: “O sector naval precisa unha estratexia de conxunto con instrumentos financeiros e fiscais”

Vence: “O sector naval precisa unha estratexia de conxunto con instrumentos financeiros e fiscais”

O portavoz nacional critica que o goberno se limite a ser “axente comercial” dunha empresa concreta en lugar de buscar solucións de país para todo o sector

Ana Miranda salienta o traballo do BNG na Eurocámara a prol do naval galego

VENCE E MIRANDA BNG VULCANO

Vigo, 27 de Marzo 2014.- O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, salientou que o naval galego ten un problema de carga de traballo e a solución ten que ser global para o conxunto do sector, cun plan industrial de país que inclúa instrumentos financeiros, fiscais e un sistema de avais que permita aos estaleiros galegos competir en concursos internacionais.

Tras a reunión coa dirección e co comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, -que leva tres anos coas gradas baleiras-, o dirixente nacionalista indicou que “as solucións individuais son insuficientes” para recuperar o sector, tanto en Vigo como en Ferrol. No encontro tamén participou a candidata ás europeas, Ana Miranda, quen valorou o traballo realizado polo BNG en Bruxelas a favor do sector, en particular coa situación xerada polo expediente aberto contra o tax-lease.

“Non hai solucións só individuais senón para todo o sector e se precisan instrumentos financeiros para que podan ser competitivos como teñen os estaleiros alemáns, holandeses e noruegueses, e xa non digamos os competidores asiáticos”, indicou Vence, quen advertía que é imposible “unha industria naval competitiva en Galiza se os custes financeiros son o triplo u o cuádruplo que en Europa”.

Nestes sentido, Vence salientou a proposta do BNG dunha banca pública coa creación dun Instituto Galego de Crédito, dun ICO que se comprometan financeiramente co sector “e un sistema de avais para que podan acudir e competir con respaldo financeiro aos concursos internacionais”. Non ámbito fiscal, Vence demanda “despexar dunha vez por toda a incerteza que provoca a implementación do sistema alternativo ao tax-lease”.

“Pasan os meses o sector prolonga a súa inactividade e a desesperación é cada vez maior, en particular os cadros de persoal maioritariamente afectados por expedientes de regulación de emprego”, explica Vence.

xuntanza vence miranda vulcano

O portavoz nacional lamentou que, nos contacto internacionais, o Goberno galego “teña actuado como axente comercial dunha empresa concreta, en lugar de buscar carga de traballo para o conxunto do sector naval galego”.

Pescanova

Vence tamén fixo referencia a que a continuidade de Pescanova “debe ser unha prioridade” por tratarse dunha empresa de gran valor, e considera incomprensible a “inhibición de Feijóo ante unha posible liquidación da empresa”.

“Non podemos resignarnos a que a liquidación sexa o desenlace, e por iso en que haber unha implicación directa da Xunta para garantir a supervivencia de Pescanova en Galiza e baixo propiedade galega”, sinalou. “É evidente que hai unha responsabilidade dos actuais propietarios e xestores e da banca, pero iso non é escusa para que o Executivo galego non se implique para garantir que Pescanova continúa cos seus activos e producindo”, concluíu Vence.

 

Vence: “O sector naval precisa unha estratexia de conxunto con instrumentos financeiros e fiscais”