O BNG de Vigo urxe a fin do “abandono” do aeroporto de Peinador por parte do Goberno español
A fronte nacionalista esixe explicacións no Congreso, a través do deputado e portavoz nacionalista, Néstor Rego, polo terceiro peche da terminal a causa dunha fochanca
Afea a negativa do Goberno de PSOE e Unidas Podemos á emenda do Bloque para despregar un plan de dinamización do aeroporto vigués dotado con 2,5 millóns de euros
Xabier P. Igrexas: “Non ten ningunha xustificación que non se teña feito nin tan sequera o reasfaltado da pista que prometeu hai varios meses”