O Bloque cualifica de “irresponsábel e inxusta” a decisión de fechar a práctica totalidade dos parques infantís de Vigo
A fronte nacionalista critica “o desleixo e incapacidade de xestión” do Goberno municipal que leva desde outubro sen licitar o novo contrato para a desinfección.
Xabier P. Igrexas: “O único que vai provocar este peche é unha maior concentración de crianzas e familias nun menor número de parques, xusto o contrario do recomendan as autoridades sanitarias”.