Xunta
O BNG apoia o reclamo do Comité de Empresa para que o Sergas absorba o hospital Povisa
03/out./2019
- A deputada Montse Prado interpelará o conselleiro de Sanidade e demandará que se declare “de interese público” o centro médico como primeiro paso para tomar o control desde o Sergas.
- O portavoz municipal do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a reacción “cómplice” de PP e PSOE diante da posíbel compra de Povisa por un fondo voitre. “Para Alfonso Rueda e Abel Caballero parece que falamos do traspaso dunha cafetaría e non dun hospital que atende a 140 mil persoas da área sanitaria de Vigo”.