O BNG critica o nomeamento de Ana Ortiz á fronte do PP de Vigo por insistir na confusión entre Xunta e partido
A fronte nacionalista cuestiona que se volva utilizar a máxima representación do Goberno galego na cidade como plataforma ao servizo dos intereses do Partido Popular
Xabier P. Igrexas: “Volven deixar claro que o Partido Popular non ten máis proxecto para a nosa cidade que o de ser a franquía ou terminal dunha Xunta que leva 15 anos castigando con maltrato e abandono a Vigo”