ruido
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo, co expediente do Nadal 2024

O BNG de Vigo tacha de paripé o deseño do Nadal 2024: “Caballero non ten ningunha intención de resolver as graves incidencias de anos anteriores”

A fronte nacionalista revela que o documento aprobado polo Goberno local é o mesmo que o borrador inicial, sen incorporar ningunha das medidas propostas por até 10 servizos municipais e sen atender as demandas da veciñanza afectada

Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva converterse nun calvario inseguro e insoportábel para a cidade se o alcalde deixa atrás a súa soberbia autoritaria”

Ler novas
Novas
Colapso nadal 2022 (Foto:Vecinos-zona-centro-Vigo)

O BNG de Vigo esixe ao Goberno de Caballero que se desculpe coa veciñanza e rectifique o deseño do Nadal

Tras a sentenza do TSXG que condena ao Concello por vulnerar dereitos fundamentais, a fronte nacionalista reclama un plan que evite que o Nadal vigués volva ser un “caos inseguro e insoportábel” e que se respecte a normativa de ruídos, ambiental e patrimonial

Xabier P. Igrexas: “Esta sentenza demostra que o ‘parque temático’ do Nadal de Caballero vulnera os dereitos das viguesas e dos vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas reunido coa Plataforma Veciñanza Centro afectada polas instalacións de nadal

Xabier P. Igrexas: “Nadal en Vigo si, por suposto que si, pero non así”

O BNG de Vigo vén de manter unha xuntanza con representantes da Plataforma de Veciñanza do Centro afectada polo “parque temático” de Abel Caballero 

Solicita ter acceso ao plan de autoprotección, ao informe de impacto acústico e ás autorizacións administrativas necesarias para a montaxe do Cíes Market e das atraccións

O BNG destinará o rogo e a pregunta no Pleno deste mércores a demandar unha rectificación do plan de tráfico e a esixir o cumprimento das ordenanzas municipais

Ante a “inacción cómplice” da Xunta, reclama que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural actúe de oficio para garantir a protección dos xardíns catalogados da Alameda 

Ler novas
Novas
[Imaxe: Audasa]

O BNG chama a actuar contra os preocupantes problemas de ruídos en Vigo

A fronte nacionalista pide medidas para paliar esta situación que afecta con especial intensidade en Teis, polo tramo urbano da AP-9, e en Navia e Coia, a causa da VG-20

Xabier P. Igrexas: “Os datos do mapa estratéxico de ruídos amosan a necesidade dun cambio no modelo de mobilidade na nosa cidade para facela máis habitábel”

Ler novas