O BNG de Vigo pide convocar o Consello Sectorial de Medio Ambiente para abordar “con rigor e seriedade” o problema da auga
A fronte nacionalista critica a irresponsabilidade e frivolidade de PSOE e PP por “xogar coa auga das viguesas e vigueses” nun novo episodio do seu permanente pimpampum partidista.
Cualifican de “saídas en falso e agresións ambientais” as propostas de Caballero dun transvasamento ou dun novo encoro.
Xabier P. Igrexas: “A solución de futuro e que garanta o subministro de auga pasa por un novo modelo de xestión da auga que aposte na racionalidade, na sustentabilidade ecolóxica e na xestión pública dun ben esencial”