O BNG organiza unha grande Semana da Patria Galega en Vigo para poñer en valor ‘a forza deste País’
A fronte nacionalista presenta unha ampla programación con actividades culturais, palestras, proxeccións, actos lúdicos, accións simbólicas e carpas na rúa como prólogo do Día da Patria e da manifestación nacional en Santiago de Compostela o 25 de xullo
Carmela González: “Buscamos afirmar o orgullo de sermos galegas e galegos e a nosa vocación de facermos de Vigo o verdadeiro motor dunha nova Galiza”