servizos
Novas
Ringleiras no Padrón de Vigo este luns 2 de febreiro

O BNG de Vigo urxe máis persoal no Padrón diante do “colapso e ringleiras eternas” na oficina do Concello

A fronte nacionalista avisa de que os anuncios e medidas aplicadas nos últimos meses polo Goberno municipal “se teñen demostrado insuficientes ou directamente inútiles”

Xabier P. Igrexas: “Esta situación non é puntual nin excepcional, senón que se repite día tras día como consecuencia da falla de xestión do Goberno de Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe reactivar a Mancomunidade para convertela nun instrumento útil ao servizo da veciñanza

Denuncia que en 2024 só gastou 600 mil euros, o que supón 1,62 euros por habitante, “o equivalente a un café con leite”, malia ter xa preto de 2 millóns de euros de remanentes

Acusa a PSOE e PP de pretender a “morte por inanición” dunha Mancomunidade que, alerta, está xa en “coma profundo”

Xabier P. Igrexas: “A Mancomunidade ten que deixar de ser unha casca baleira, un logotipo sen apenas actividade que lle custa ás viguesas e vigueses 116 mil euros cada ano”

Ler novas
Novas
Reunion BNG Vigo con Foanpas e persoal de conserxaría dos colexios públicos de Vigo

O BNG esixe a Caballero que rectifique a privatización da conserxaría nos colexios públicos de Vigo

A fronte nacionalista reclama ao alcalde que “escoite o clamor” da comunidade educativa que se opón á “privatización en precario” do persoal de vixilancia e portaría

Propón que o Concello execute a bolsa de contratación pública para garantir este servizo esencial, que hoxe non está cuberto en máis da metade dos centros educativos

Xabier P. Igrexas: “Como é posíbel que un Concello con máis de 400 millóns de euros de orzamentos non poida garantir que todos os colexios teñan conserxe?”

Ler novas
Novas
Ana Pontón con candidatas/os do BNG da área metropolitana de Vigo

Ana Pontón coloca o BNG como garante do impulso para a área metropolitana de Vigo

Ante a confrontación, a política responsable do Bloque para mellorar a vida dunha poboación de 540.000 persoas desde a cooperación entre concellos

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “Vigo ten que liderar desde a cooperación”

O BNG presenta un decálogo de prioridades para desbloquear a área metropolitana en ámbitos como a mobilidade, economía ou infraestruturas

Ler novas
Novas
O portavoz municipal BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e a deputada nacionalista, Carmela González

O BNG demanda 135 millóns máis para Vigo fronte á “tomadura de pelo” dos orzamentos da Xunta para 2023

A fronte nacionalista formula un “amplo e ambicioso” paquete de emendas para reverter unhas contas que “insisten no abandono e na desatención das necesidades” de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Urxe un cambio de Goberno galego, porque precisamos dunha Xunta que se convirta nunha aliada activa de Vigo para comezar a saldar débedas históricas coa nosa cidade”

Carmela González: “Estes presupostos da Xunta non responden á grave situación de crise que está afogando a miles de galegas e galegos”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que 6 de cada 10 euros do orzamento municipal de 2023 van parar a privatizacións

A fronte nacionalista critica que o Concello teña 400 postos de traballo públicos sen executar desde 2017 pola falla de vontade do Goberno local 

Demanda un estudo para o rescate das principais concesións e a posta en marcha dunha empresa municipal de servizos nas emendas ao proxecto de contas para o vindeiro ano

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero é unha máquina de privatizacións que nada lle ten que envexar ao PP de Feixóo e Rueda nesta materia”

Ler novas
Novas
xpi

O BNG de Vigo urxe o Goberno local a actuar perante os graves e continuados incumprimentos na XER

A fronte nacionalista denuncia que en lugar de 18 controladores/as hai días nos que só hai 4, as graves deficiencias nas máquinas expendedoras e a non instalación dos postes de recarga eléctrica comprometidos.

Xabier P. Igrexas: “non se pode seguir tolerando que empresas adxudicatarias incumpran por sistema os pregos coa complicidade do propio Concello”.

Ler novas