sustentabilidade
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo chama a redeseñar o modelo de nadal para evitar o caos e os graves problemas do último ano

A fronte nacionalista pide apostar por un formato descentralizado, seguro, sustentábel e respectuoso co patrimonio fronte ao actual “parque temático inhabitábel e insoportábel”

Propón levar as instalacións máis alá do centro de Vigo, despregar un plan de mobilidade e seguridade con reforzos do transporte público e rematar coa vandalización do arboredo

Xabier P. Igrexas: “Nadal si, pero non así. A experiencia deste nadal debe provocar cambios, avanzando cara un modelo en beneficio do conxunto da cidade e non para satisfacer o ego de ninguén”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG demanda un plan de xestión eficiente e sustentábel da auga en Vigo e rexeita reabrir o debate do trasvase

A fronte nacionalista pide executar unha auditoría fronte as elevadas perdas na rede de distribución que algúns estudos cifran preto do 40%.

Propón decretar restricións preventivas no uso masivo de auga en procesos como o rego de zonas axardinadas, o uso en fontes ornamentais e deixar de baldear as rúas con auga de beber.

Xabier P. Igrexas: “A solución para posíbeis problemas de abastecemento de auga non pasa por reabrir o debate sobre unha nova agresión ambiental en forma de trasvase”.

Ler novas