O BNG de Vigo demanda que o Concello investigue a fondo o sucedido no concerto de Andrés Suárez
A fronte nacionalista anuncia que interpelará o Goberno municipal na próxima Comisión Informativa de Festas e insta a depurar responsabilidades e despregar medidas adicionais que aseguren plenas garantías sanitarias no programa Terraceo.
Xabier P. Igrexas: "É inaceptábel que tras máis dun ano de pandemia haxa que desaloxar un evento público promovido polo propio Concello de Vigo porque non se cumpran as medidas preventivas fronte á Covid19".