Zona Franca
Novas
Instalacións deportivas da ETEA

O BNG de Vigo denuncia o peche das instalacións deportivas da ETEA sen data de reapertura

A fronte nacionalista reprocha que as máis de 500 persoas usuarias e clubs deportivos non foron avisados do peche producido o 1 de setembro, malia non ser efectiva aínda a devolución dos terreos á Zona Franca.

Xabier P. Igrexas: «Queremos un compromiso claro para garantir a reapertura o antes posíbel e asegurar que a cidade vai poder continuar facendo uso das instalacións»

Ler novas
Novas
Xuntanza do BNG de Vigo coa AV Teis

O BNG de Vigo pide un novo convenio para a ETEA que garanta a titularidade municipal dos terreos e instalacións deportivas

A fronte nacionalista formula un voto particular fronte ao «disparate» defendido por Abel Caballero de desafectar e devolver a parcela e as instalacións deportivas á Zona Franca para pagar un canon anual de 130 mil euros

Xabier P. Igrexas: «Esta saída en falso vai supoñer un gravísimo prexuízo para a veciñanza, cando o Concello tiña que liderar a recuperación efectiva deste importante ámbito en Teis»

Ler novas
Actualidade
zonafrancavigo-1000x500

O BNG rexeita que Caballero utilice a medalla de ouro de Vigo para “entronizar o seu sucesor”

“É claro que non é para Zona Franca senón que Zona Franca é a coartada para que o alcalde premie o seu pupilo político”, denuncia Xabier P.Igrexas, candidato do Bloque á alcaldía

O BNG propón que a distinción sexa este ano para unha muller, xa que desde 1987 ningunha recibiu o recoñecemento individual, ou a un colectivo feminista para enviar unha clara mensaxe de que “Vigo queremos ser unha cidade de iguais” e recolla o clamor do 8M

Ler novas