Ana Miranda felicita á PAH polo premio Cidadán Europeo 2013, que recibirá o vindeiro luns
O BNG participa na protesta convocada pola Plataforma de Afectados polas Hipotecas de Vigo-Tui contra os abusos da banca
A eurodeputada do BNG (ata xullo deste ano polo acordo no grupo ALE), Ana Miranda, trasladou os parabéns do BNG á Plantaforma de Afectados polas Hipotecas, que o vindeiro luns recibirá o premio Cidadán Europeo 2013, na oficina que o Parlamento Europeo ten en Madrid. A PAH foi proposta a este galardón pola propia, o eurodeputado Raül Romeva, ambos integrados no Grupo Verdes/ALE, e polo eurodeputado do Grupo GUE/NGL Willy Meyer.
A PAH recollerá o vindeiro luns o premio 'Ciudadano Europeo 2013' pese a oposición do PP, destacou a responsable nacionalista na concentración convocada hoxe pola PAH en protesta polas inxustizas da banca e na que tamén participaron a portavoz municipal Iolanda Veloso e o responsable comarcal Manuel Caride.
Ana Miranda salientou o traballo que realiza a PAH na defensa das persoas que loitan contra as consecuencias dunha lei hipotecaria que xa ten sido cualificada de abusiva polo Tribunal de Xustiza da UE. Neste sentido defendeu a dación en pago con extinción total da débeda e o aluguer social por un periodo mínimo de cinco anos como medidas necesarias para resolver a situación das persoas afectadas polas execucións hipotecarias.
Segundo afirmou a nacionalista, este galardón debe servir para que a Eurocámara apoie fórmulas que permitan buscar alternativas para non deixar sen vivenda ás persoas e ás familias afectados por un desafiuzamento. Lembrou asemade que a Eurocámara aprobou a dación en pago, nunha iniciativa respaldada polo Bloque que contou con 318 votos a favor, e 216 votos en contra, incluídos o de todos os eurodeputados e eurodeputadas do PP español.
Premio á PAH e a Academia vasca
A oficina do Parlamento Europeo en España organizará unha cerimonia para a entrega oficial do Premio Cidadán Europeo 2013 o vindeiro luns 23 na súa sede de Madrid. Das mans de un dos membros do curado europeo, o expresidente da Eurocámara Enrique Barón, recollerán o premio Andrés Urrutia Badiola, presidente de Euskaltzaindia Real Academia da Lingua Vasca, e Ada Colau, portavoz da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).
Na cerimonio de entrega intervirán os eurodiputados españoles que en xuño promoveron a candidatura de ambos garlardonados: Izaskun Bilbao (ALDE) por parte da Academia vasca e Raül Romeva (Verdes/ALE), Ana Miranda (Verdes/ALE) e Willy Meyer (GUE/NGL) por parte de la PAH. Tamén estará presente a eurodiputada que formou parte do comité que valoraba estas candidaturas, Carmen Romero (S&D).