Iolanda Veloso reclama ao goberno local que resolva xa as solicitudes das bolsas de comedor

Iolanda Veloso reclama ao goberno local que resolva xa as solicitudes das bolsas de comedor

A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, demandou ao goberno vigués que axilice a resolución das bolsas de comedor para o presente curso 2013/2014. “Está moi ben destinar moitos cartos as bolsas para escolares, pero é inadmisible que as axudas non estean xa resoltas, tendo en conta que o curso comezou o mércores pasado”, destacou.

Iolanda Veloso sinalou que pese a que os nenos e nenas xa comezaron o colexio, aínda non saben se van ter bolsa de comedor. Segundo explicou, esta circunstancia proviova que moitos pais e nais deciden non utilizar este servizo “porque nin poden pagalo do seu peto nin saben se van ter bolsa”.

“Non só hai que ter cartos, tamén hai que xestionalos adecuadamente, e isto non se está facendo”, criticou a portavoz nacionalista, tras lembrar que a ampliación da partida para as bolsas de comedor foi unha das emendas incluídas nos orzamentos municipais a proposta do BNG.

 

Iolanda Veloso reclama ao goberno local que resolva xa as solicitudes das bolsas de comedor