Aymerich: “O resultado obriga a reflexionar e buscar o camiño que ten que seguir o BNG”

Aymerich: “O resultado obriga a reflexionar e buscar o camiño que ten que seguir o BNG”

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, compareceu esta noita para facer unha primeira valoración dos resultados electorais, na que agradeceu especialmente o traballo de toda a militancia do BNG. Destacou asemade que o resultado obriga a reflexionar e bucar o camiño que ten que seguir o Bloque.

Carlos Aymerich recoñeceu que o retroceso da formación nacionalista nesta circunscrición, ao perder un deputado, así como a perda “dun espazo importante nas cidades”. O nacionalista realizou nestas declaracións acompañado pola número 2 da candidatura, Carme Adán, a eurodeputada, Ana Miranda, a deputada no Parlamento estatal, Olaia Fernández Davila, o portavoz municipal, Santi Domínguez.

“O BNG nestes momentos é máis importante que nunca, e é a única forza política 100% galega, polo que seguiremos traballando pola maioría deste país”, subliñou Aymerich, quen por outro lado asegurou que as responsabilidades dos resultados son colectivas e “non ten sentido personalizar”.

Recollendo as verbas do candidatio á presidencia da Xunta,,Francisco Jorquera asegurou que todos e todas “temos que aprender dos erros que se cometeron desde 2009, sen volver a repetilos”, indicou.

Aymerich: “O resultado obriga a reflexionar e buscar o camiño que ten que seguir o BNG”