O Bloque oponse á nova amortización de débeda aprobada hoxe por PP e PSOE

O Bloque oponse á nova amortización de débeda aprobada hoxe por PP e PSOE

Iolanda Veloso denuncia a incoherencia do goberno ao aprobar o venres en xunta de goberno a solicitude dun préstamo para realizar humanizacións

Pleno 30 xuño

Vigo, 30 de xuño de 2014.- A portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, subliñou a oposición do BNG á nova amortización de débeda pactada entre PP e PSOE e aprobada hoxe por máis de 11 millóns de euros. A voceira criticou que o goberno que con esta amortización o goberno só dá máis liquidez aos bancos en lugar de utilizalos para mellorar as condicións de vida da cidadanía.

“A cidadanía non está recibindo máis políticas de creación de emprego cos seus cartos”, criticou Iolanda Veloso, ao tempo que asegurou que tampouco serviron para aumentar o gasto social. Pola contra, a portavoz nacionalista acusou ao goberno municipal de levar a cabo "políticas contraditorias” ao defender hoxe unha amortización de crédito mentres o pasado venres a xunta de goberno local aprobou unha petición de préstamo de 6,8 millóns para humanizacións.

Pregunta sobre alimentación infantil

No apartado de preguntas, Iolanda Veloso, preguntou ao goberno local polas medidas concretas que ten adoptado para garantir a correcta alimentación dos nenos e nenas da cidade durante o período vacacional. Ao respecto, a concelleira de Benestar Social contestou que son todos os programas que desenvolve o seu departamento.

Pola súa banda, Santi Domínguez novamente demandou explicacións sobre a instalación de terrazas diante da fachada dunha tenda de bicicletas. O concelleiro nacionalista lembrou que xa formulara esta pregunta no pleno anterior, á que o portavoz socialista contestara que este problema estaba en estudo. Á pregunta de hoxe, este concelleiro suxeriu que o grupo nacionalista presente unha moción para o seu debate no pleno.

O concelleiro Xabier Alonso, pola súa banda, preguntou se o goberno municipal garante que este ano se vai celebrar o trofeo Cidade de Vigo de fútbol, ao que o titular de deportes contestou que os que votaron en contra dos orzamentos de 2014 agora pidan o seu cumprimento.

 

O Bloque oponse á nova amortización de débeda aprobada hoxe por PP e PSOE