O BNG comprométese a impulsar un escrito conxunto de apoio ás demandas da plantilla de Pórtico

O BNG comprométese a impulsar un escrito conxunto de apoio ás demandas da plantilla de Pórtico

Iolanda Veloso e Xabier Alonso mantiveron unha xuntanza con representantes das traballadoras da compañía viguesa

 

xuntanza representantes PórticoVigo, 6 de xuño de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o edil Xabier Alonso reuníronse esta mañá con representantes dos traballadores e traballadoras na que estes lles explicaron polo miúdo a situación da compañía. Na xuntanza a voceira nacionalista destacou a necesidade de que Fogasa “asuma un convenio singular para manter os postos de traballo”.

Co obxectivo de “reforzar as demandas dos traballadores e traballadoras”, Iolanda Veloso avanzou que o Bloque vigués impulsará o envío a Fogasa e ao ministerio dun escrito de apoio a estas reivindicacións referendado polos tres grupos políticos con representación municipal.

“É necesario amosar un compromiso real coas empresas da cidade e os seus postos de traballo, e neste caso coa continuidade de Pórtico, e por iso queremos sumar apoios dos outros grupos da corporación”, manifestou a portavoz municipal do BNG, quen lembrou que 110 persoas quedarán sen traballo se Fogasa non asume un convenio que lle permita asumir a débeda cos traballadores e traballadoras.

 

O BNG comprométese a impulsar un escrito conxunto de apoio ás demandas da plantilla de Pórtico