O BNG critica que a implantación de novos impostos non serva para aliviar a presión a quen menos ten

O BNG critica que a implantación de novos impostos non serva para aliviar a presión a quen menos ten

pleno aprobación ordenanzas

O grupo municipal do BNG abstívose na votación sobre as dúas novas ordenanzas municipais, que foron aprobadas cos votos do PSOE e o PP. Pese a manifestar o acordo coa aplicación destas dúas novas taxas, a portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, criticou que o goberno local non explique para que quere cobrar estes impostos e subliñou a diferenza de criterio entre Bloque e PSOE ao respecto.

“Abstémonos porque estando de acordo con que se apliquen estas novas taxas, entendemos que non servirán para aliviar a presión fiscal ás persoas con menos recursos”, explicou Iolanda Veloso na súa quenda de intervención. Precisamente a responsable nacionalista manifestou a súa sorpresa por que o alcalde decidira este procedemento sen que o goberno explicara previamente a súa proposta.

A portavoz municipal nacionalista destacou que o BNG ten claro para que deben servir os imposto: “para mellorar as condicións de vida da cidadanía”, porén criticou que o equipo do goberno explique para que quere aumentar a recadación do Concello. “Entendemos que as nosas prioridades non coinciden coas do goberno”, asegurou.

Neste sentido recordou que o goberno municipal non quere modificar o resto das ordenanzas fiscais, nin a debatelas co resto das forzas políticas. “O goberno négase a reducir os impostos ás persoas con menos nivel de renda”, denunciou Iolanda Veloso, quen criticou que o goberno non quixese ampliar a exencións fiscais ás persoas con menos recursos nin aplicar unha maior progresividade.

 

O BNG critica que a implantación de novos impostos non serva para aliviar a presión a quen menos ten