O BNG defende un sistema aeroportuario galego no que as tres terminais sexan competitivas
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, criticou o uso partidista que PP e PSOE fan tanto do porto como do aeroporto durante sobre a modificación de crédito por valor de 363.000 euros para subvencionar voos a Volotea desde Peinador, que resultou aprobada cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención do BNG. Pola contra, Iolanda Veloso salientou que o Bloque defende un sistema aeroportuario galego no que as tres terminais sexan competitivas.
Non se buscan solucións, senón votos, e nin antes a José Blanco nin agora a Ana Pastor lles importan Peinador, criticou a responsable nacionalista, quen reiterou o desacordo do BNG a que se dean axudas municipais a aeroliñas privadas, aínda que lembrou que cos tres votos do Bloque non podemos impedilo.
Iolanda Veloso destacou que desde o BNG non se quere alimentar discursos vitimistas nin localistas, xa que nese débate chégase ao delirio de culpar aos tres concelleiros do Bloque de querer pechar o aeroporto. Nós nos baixamos dese debate localista, subliñou.
Pola contra, a portavoz municipal do BNG destacou que o obxectivo prioritario é que se tomen as medidas necesarias para ter un sistema aeroportuario galego para que os tres aeroportos sexan competitivos e nesta liña apuntou que a xuntanza do precomité de rutas que tivo lugar o xoves é un punto de partida.