O Bloque comprométese a trasladar ao Parlamento europeo e ao Congreso as propostas de Adicae

O Bloque comprométese a trasladar ao Parlamento europeo e ao Congreso as propostas de Adicae

Olaia Fernández, Carme Adán e Miriam Rodríguez reuníronse con representantes da Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros a petición da entidade

 

Xuntanza BNG AdicaeVigo, 22 de maio de 2014.- As deputadas do BNG Olaia Fernández e Carme Adán, e a candidata ás europeas e afectadas polas preferentes do Baixo Miño Miriam Rodríguez mantiveron unha xuntanza con representantes de Adicae, na que os integrantes da asociación lles trasladaron un informe con diversas propostas relacionadas encamiñadas a mellorar a normativa que afecta directamente aos consumidores. “Moitas das iniciativas presentadas por esta entidade redundan no traballo feito polo BNG”, salientou a respecto Fernández Davila.

“Trasladaremos o informe á nosa candidata e eurodeputada a partir do luns, porque inclúe asuntos susceptibles de ser trasladados ao Parlamento europeo e ao Congreso dos Deputados”, subliñou a deputada nacionalista despois de agradeceu a solicitude de xuntanza realizada pola Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros.

En resposta aos medios sobre as sentenzas que suprimen os gastos hipotecarios Olaia Fernández manifestou que para o BNG é “lamentable que teñan que ser os xuíces os que busquen os resquicios da lei para executar a lei de forma máis xusta mentres os lexisladores non teñen esa vontade”. Neste sentido, desde Adicae valorouse positivamente esas sentenzas, pero recordouse que cómpre “ter prudencia porque esas sentenzas aínda non son firmes”.

OLYMPUS DIGITAL CAMERACarme Adán, pola súa banda, salientou o traballo realizado por Adicae durante anos na defensa dos dereitos dos consumidores e consumidoras de produtos bancarios. Explicou que durante a xuntanza analizaron o documento presentados e trataron a situación de diversos colectivos vulnerables, como son o integrado por persoas que padecen a pobreza enerxética, ou as afectadas polas preferentes.

“Tamén falamos da lentitude da xustiza, que afecta incluso a persoas que faleceron sen vir recibidos os seus cartos”, apuntou a deputada no Parlamento galego, quen destacou que unha das propostas presentadas por Adicae ten por obxectivo mellorar o acceso á xustiza.

Propostas electorais do PP

Preguntada pola presenza da ministra de Fomento e o conselleiro de Infraestruturas no peche de campaña do PP, Olaia Fernández asegurou que “en campaña electoral e a ano e medio do fin da lexislatura, o que se diga nestes momentos non vai ser cumprido por parte deste goberno”. Ao respecto salientou que se Ana Pastor vai falar do soterramento da A55 “non vai dicir verdade porque non hai ningún estudo realizado”. Ademais, segundo recordou, “non hai orzamentos para facer algo en 2014 nin previsión para 2015”.

 

O Bloque comprométese a trasladar ao Parlamento europeo e ao Congreso as propostas de Adicae