Davila: "Feijoo é un incompetente, incapaz de parar a sangría do paro na Galiza
A deputada do BNG no Congreso acusou hoxe a Feijoo de ser un incompetente, incapaz de parar a sangría do paro que cada vez é maior na Galiza. Olaia Fernández Davila referiuse así aos datos do paro rexistrado que hoxe se coñeceron e que poñen de manifesto que se incrementou máis na Galiza que na media estatal.
O paro rexistrado subiu por terceiro mes consecutivo, 128.242 persoas máis desempregadas. O total no Estado situouse en 4.833.521, máis Galiza rexistrou unha porcentaxe maior de parados que a media estatal. 8.439 persoas se inscribiron nas oficinas do INEM na Galiza en outubro, un 3,25% máis no pasado mes de setembro. Hai 267.812 persoas desempregadas no territorio galego.
Davila resaltou que estes datos contradín os da EPA do outro día, e a realidade é que o paro se incrementou na Galiza e sigue a súa escalada alcista, até o punto de aumentar por riba da media estatal.
Estrepitoso fracaso de Feijoo
A deputada do BNG asegurou que estes pésimos datos demostran o estrepitoso fracaso das políticas de Feijoo, que se adica a destruir emprego en lugar de crealo. Segundo explicou, Feijoo non fixo nada para parar este drama social, todo o contrario, con él o paro sube. Polo que Davila conminou a Feijoo a cambiar de rumbo e concentrar os seus esforzos na creación de emprego en lugar de seguer coa tesoura a facer recortes.
Ademáis, Olaia Fernández cargou contra a Ministra de Emprego e Seguridade Social que días atrás dixo que a reforma laboral era positiva para as empresas e que estabamos saíndo da crise. Por moito que se empeñe Fátima Báñez, unha mentira repetida varias veces non se convirte en verdade. A reforma laboral é destructiva e só favorece que as empresas manden á xente á rúa, subliñou.