Iolanda Veloso: "A devolución da Medalla da Cidade por Gayoso é a conclusión lóxica do pleno"
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta aos medios, destacou que a devolución da Medalla da Cidade por parte de Fernández Gayoso é a conclusión lóxica do pleno celebrado o pasado 25 de febreiro, no que a proposta do Bloque aprobouse retirarlle esta distinción. Deste xeito recoñece que ten que responder ás demandas da cidadanía, manifestou a nacionalista.
Agardamos que este feito se repita no futuro e Gayoso asuma as súas responsabilidades polas decicións que tomou en prexuizo da cidadanía, salientou Iolanda Veloso tras manifestar que o grupo municipal do BNG non ten aínda comunicación oficial desta devolución.
Asumir responsabilidades
Segundo explicou a portavoz municipal nacionalista, como persoa imputada, Fernández Gayoso deberá asumir responsabilidades no seu momento, algo que non fixo na súa comparecencia no Congreso, onde asegurou non ser responsable de nada do acontecido en Caixanova e Novacaixagalicia desde 2006.
Pola contra, para Iolanda Veloso, Gayoso deberá recoñecer que estaba ao fronte de Caixanova e da caixa fusionada e polo tanto máximo responsable da emisión das preferentes, posible responsable dos desafiuzamentos que se produzan e da posible perda da obra social.