Iolanda Veloso insta ao alcalde a presentar o proxecto completo de ordenanzas

Iolanda Veloso insta ao alcalde a presentar o proxecto completo de ordenanzas

Co obxectivo de que a cidadanía e os grupos políticos poidan presentar propostas, a voceira do BNG, Iolanda Veloso, instou ao alcalde a que presente o proxecto completo con todas as ordenanzas municipais para 2014. “Cómpre facer un esforzo para adaptar as ordenanzas a situación real e ampliar as bonificacións e exencións”, salientou a portavoz nacionalista.

Iolanda Veloso explicou que segundo o procedemento comunicado ao grupo municipal do BNG, a pleno só irán as ordenanzas novas ou modificadas, -“non as ordenanzas que o alcalde decidiu conxelar”, puntualizou- e o despois do transcurso de seis días correspondentes ao periodo de alegacións. “Isto quere dicir que os grupos políticos e a cidadanía non teremos a oportunidade de modificar as ordenanzas ou presentar alegacións”, criticou.

Para a portavoz do Bloque é fundamental dispor desta posibilidade posto que segundo destacou o IPC xa non é válido como referente das taxas municipais. “Non é o índice polo que se actualizaron salarios e pensións, polo que non pode ser o índice polo que se actualicen os impostos”, asegurou.

Nesta liña fixo referencia a fonda crise pola que atravesa a cidade, que ten como consecuencia que moitas persoas estean en situación de desemprego e que incluso non teñan para dar de comer aos seus fillos. “É necesario ir máis aló da simple conxelación das taxas”, subliñou, ao tempo que advertiu da pertinencia de estender as bonificacións e exencións tendo como guía o criterio “máis xusto”, o nivel de renda.

Moción urxente

“Manter as odenanzas no mesmo nivel que o ano pasado cando o poder adquisitivo diminuiu quere dicir que os cidadáns e cidadás teñen máis dificultades para asumir os tributos municipais”, destacou a portavoz nacionalista, quen sinalou que o BNG presentou a primeira hora de hoxe unha moción urxente instando á presentación dun proxecto de ordenanzas de tributos e prezos públicos que inclúa todas as existentes neste concello.

 

Iolanda Veloso insta ao alcalde a presentar o proxecto completo de ordenanzas