Iolanda Veloso: “O pacto PP-PSOE é unha desgraza para Vigo porque non soluciona os problemas"

Iolanda Veloso: “O pacto PP-PSOE é unha desgraza para Vigo porque non soluciona os problemas"

A voceira municipal nacionalista acusa á Xunta de non investir na cidade e a Caballero de “coller vacacións como alcalde” até despois das eleccións

 

rolda Iolanda orzamentos 2015Vigo, 24 de outubro de 2014.- “Que o pacto entre PP e PSOE é electoralista o demostran os feitos”, subliñou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, nunha comparecencia sobre os orzamentos para Vigo de 2015. A respecto das contas da Xunta para o vindeiro exercicio asegurou que nelas hai “cero euros para a cidade” e sen ningunha infraestrutura nova, como o túnel de Beiramar ou de Xulián Estévez.

A voceira municipal acusou ao alcalde de “vender a cidade”, posto que pese o seu pacto co PP os vigueses e viguesas terán que pagar o novo hospital, a Cidade da Xustiza, as aeroliñas, e o transporte metropolitano. Segundo destacou, “o pacto PP-PSOE é unha auténtica desgraza para Vigo e así o demostran os orzamentos da Xunta”.

“O PP contounos que o pacto era un acto de xenerosidade polo ben da cidade, pero a Xunta di que non inviste na cidade porque o Concello non fai os seus deberes. Entón por que e para que pactaron?”, manifestou Iolanda Veloso, Os grandes problemas de Vigo seguen sen resolverse e quedounos claro que de aquí ás eleccións municipais non se van resolver”, criticou.

O alcalde de vacacións

“Caballero decidiu collerse vacacións como alcalde e comezar a campaña porque di que xa está todo feito”, comentou Iolanda Veloso en referencia ás manifestacións realizadas polo rexedor nas que non considera prioritario aprobar o orzamento de 2015 porque está blindado o gasto social e de emprego.

A responsable nacionalista criticou que o alcalde dixera que todas as necesidades están cubertas e que o importante é baixar impostos. “Que gaña a cidade con que se baixe ao IAE para as grandes empresas se non se resolven as axudas sociais ou non se crea o bono de autobús para persoas desempregas”, preguntou, ao tempo que subliñou que “a realidade é que este Concello denega axudas sociais que cobran unha Risga de 200 euros ao mes”.

rolda Iolanda orzamentos 2015 b“Pese a esta situación, e precisamente en ano electoral, o alcalde di que Vigo non precisa orzamentos”, ironizou a voceira municipal do BNG.

Aumento de desemprego

Para Iolanda Veloso, “a realidade é que nesta cidade seguen pagando os de sempre e os vigueses e viguesas terán que pagar o que a Xunta non quere pagar”, pese a que Vigo ten 2.000 parados e paradas máis. Neste sentido criticou a falta de medidas de PP e PSOE para solventar o problema de desemprego que sofre a cidade e o aumento da precarización, tal e como pretende facer PSA.

“PP e PSOE deixan á cidade tirada, sen cubrir as necesidades máis básicas”, denunciou a portavoz nacionalista, quen fixo unha radiografía da situación en Vigo ao afirmar que “o desemprego segue aumentando, a xente segue necesitando as axudas sociais e o alcalde di que non necesita orzamentos”.

Propostas

Preguntada por se o BNG está disposto a negociar as contas de 2015, Iolanda Veloso asegurou que o Bloque sempre fixo propostas para mellorar os orzamentos e as ordenanzas fiscais pero o alcalde “non as aceptou”, en referencia á negativa de Caballero a debater en pleno as ordenanzas correspondentes ao presente ano.

“Nós estamos dispostos a facer propostas para servizos sociais e emprego, pero a realidade é que o alcalde non as quere”, manifestou a voceira nacionalista, quen lembrou que para o pleno do vindeiro luns o BNG leva unha moción que propón aumentar a plantilla no departamento de benestar social.

 

Iolanda Veloso: “O pacto PP-PSOE é unha desgraza para Vigo porque non soluciona os problemas"