Iolanda Veloso: “O pacto entre PSOE e PP provoca que o futuro de Vigo quede hipotecado”

Iolanda Veloso: “O pacto entre PSOE e PP provoca que o futuro de Vigo quede hipotecado”

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO BNG acusa ao alcalde de conceder que a cidade pague polos servizos que os populares deben asumir desde as administracións que gobernan

Vigo, 28 de marzo de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, manifestou que o pacto orzamentario acadado entre o goberno local e o Partido Popular. “asínase sen sorpresas despois de varias semanas de negociacións”. Ao seu xuízo, este acordo “provoca que o futuro de Vigo quede hipotecado” ao asumir o alcalde que a cidade pague os compromisos que debería desenvolver o PP nas administracións nas que ten as competencias.

“O pacto orzamentario condena a Vigo a sufrir as políticas do PP logo de que Abel Caballero as asumise vendendo ?a cidade por uns orzamentos”, criticou a responsable nacionalista, para quen o pacto “afonda no reparto inxusto dos recursos públicos, quitándollos a quen máis os precisa mentres se lle baixan os impostos a quen máis ten”.

Segundo denunciou Iolanda Veloso, o futuro da cidade queda hipotecado “ao afondar nas diferenzas sociais e non investir en emprego e servizos sociais”. Neste sentido, asegurou que o papel de motor económico que debería xogar Vigo na súa área de influencia “resulta inviable logo de que o PP e o PSOE dediquen os seus orzamentos a usos partidistas, electoralistas e improdutivos”.

Sen medidas contra o desemprego

Asemade, a portavoz municipal do Bloque puxo de manifesto que o mesmo partido que desde o goberno do estado e da Xunta sumiu a nosa cidade nunha crise que nos deixa unha taxa de paro de máis do 22%, un sector industrial desmantelado, a privatización do novo hospital, recortes sociais, sanitarios e educativos, medios de transporte e infraestruturas totalmente insuficientes... “agora condiciona os orzamentos da cidade facéndonos pagar aos vigueses e viguesas o que eles non fan desde os gobernos nos que teñen a responsabilidade e as competencias”.

No contexto desta grave situación económica, Iolanda Veloso denunciou que nin o goberno da cidade nin o PP na Xunta e no goberno do Estado teñen “a máis mínima preocupación” polas persoas que sofren as consecuencias da crise e criticou que entre as súas prioridades non figure impulsar medidas para frear o desemprego e crear postos de traballo nos sectores produtivos da cidade.

Nesta liña, a portavoz do BNG destacou que neste “pacto insólito”, Abel Caballero “antano loitador polo posto de presidente da área metropolitana, vende agora a cidade someténdoa ás crueis políticas do PP pola aprobación duns orzamentos que non melloran a calidade de vida dos vigueses e viguesas nin responden as súas necesidades” .

 

Iolanda Veloso: “O pacto entre PSOE e PP provoca que o futuro de Vigo quede hipotecado”