Santi Domínguez subliña os investimentos ineludibles para o BNG correspondentes ao superávit
Melloras de accesibilidade nos centros de ensino, de mantemento en Teis e o Casco Vello e un plan de actuación nos barrios son as prioridades do Bloque
O concelleiro do BNG, Santi Domínguez, puxo enriba da mesa as condicións ineludibles para o Bloque se o goberno local quere contar coa formación nacionalista para sacar adiante os investimentos correspondentes ao superávit do Concello vigués, con propostas que ascenden a 2,8 millóns. Nesta liña asegurou que un plan de mellora nos barrios e as parroquias viguesas, o mantemento do Casco Vello e Teis, así como a mellora da accesibilidade de centros educativos son actuacións prioritarias para o BNG.
Queremos darlle tempo ao goberno local para que estude as nosas propostas e prepare os investimentos. Non imos aprobar os investimentos se non os coñecemos os proxectos claros e concisos antes, subliñou o nacionalista. Queremos que cando o goberno estatal aprobe os posibles investimentos, o goberno local teña calros cales son os nosos condicionantes, engadiu.
Santi Domínguez destacou que as actuacións que o BNG considera imprescindibles artéllanse en catro partidas, como son 300.000 euros para mellorar a accesibilidade e o mantemento das escolas públicas da cidade. Pese a que nos últimos anos se fixo un esforzo, Foanpas detectou que siguen existindo problemas de accesibilidade nalgúns centros, e queremos que se solucionen, dixo ao respecto.
Outros dous investimentos suma 500.000 euros para un plan especial de mantemento e renovación de saneamento en Teis e outros 500.000 euros para melloras no Casco Vello. Desta última partida, 400.000 destinaríanse ao compromiso para a rehabilitación do Berbés e os 100.000 euros restante ao mantemento dos viais do Casco Vello.
Plan participativo
O concelleiro nacionalista salientou que para o BNG é prioritario destinar 1,5 millóns de euros nun plan de mellora de infraestruturas nos barriso e parroquias da cidade. Nos últimos dous anos estamos vendo que os barrios e parroquias non están atendidos como se merecen todos os vigueses e viguesas, polo que hai que poñer fin a esta situación.
Segundo explicou Santi Domínguez este plan de barrios e parroquias engloba cinco eixos, como son Cabral-Candeán; San Roque-barrio de Ribadavia; Sárdoma-barrio de Vilar, San Andrés-Matamá-Coruxo, e Navia. Porén, o edil do Bloque indicou que este primeiro plan terase que completar con proxectos para o resto de barrios e parroquias a través de outros plans de investimentos.
Queremos que este sexa un plan participativo, polo que a partir de setembro o BNG iniciará unha rolda de contactos coas asociacións veciñais para que expresen as súas prioridades e as necesidades que hai que acometer con urxencia, sinalou, ao tempo que destacou que en base a estas demandas queremos que o goberno local plantee as súas iniciativas e actuacións.
Santi Domínguez defendeu que unha oposición responsable ten que actuar poñendo enriba da mesa actuacións e proxectos que dean resposta ás demandas e necesidades da cidadanía. Ao xuízo do concelleiro do BNG agora lle toca ao goberno local decidir se quere apostar por investimentos produtivos ou se quere outras cousas.