Serafín Otero defende que Vigo sexa declarada cidade saturada de grandes áreas comerciais

Serafín Otero defende que Vigo sexa declarada cidade saturada de grandes áreas comerciais

O candidato nacionalista fixo a súa compra no mercado do Progreso como denuncia da paralización das obras de reforma e mostra do apoio do Bloque ao comercio local

 

visita mercado progreso 3Vigo, 17 de abril de 2015.- O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, visitou o mercado do Progreso, no que realizou a súa compra diaria, e defendeu que é imprescindible potenciar o comercio de proximidade como unha das ferramentas para xerar emprego.

“Potenciar o comercio local significa poñer trabas as grandes áreas comerciais e esiximos que Vigo faga unha declaración de cidade saturada de grandes áreas comerciais”, subliñou Serafín Otero, quen destacou asemade que para o BNG é fundamental apoiar o pequeno e mediano comercio con medidas fiscais.

Neste sentido o candidato nacionalista defendeu unha rebaixa nas taxas e taxas e impostos municipais aos pequenos estabelecementos locais, de forma que a fiscalidade sexa “moito máis progresiva e beneficie ao pequeno e mediano comercio”.

Revitalizar os centros comerciais abertos existentes na cidade e promocionar os mercados municipais son outras das medidas que destacou Otero durante a súa visita ao mercado. Asemade falou da necesidade de potenciar a Mesa Local do Comercio como axente dinamizador do sector desde o que impulsar políticas públicas de apoio á actividade comercial coa participación directa das asociacións de comerciantes.

visita mercado progreso 4Dereito a protestar

Por outro lado, Serafín Otero referiuse á remodelación do mercado do Progreso, cuxa adxudicación se realizou cando o BNG tiña responsabilidades de goberno. “Os comerciantes do mercado están atravesando unha situación complicada debido á paralización das obras”, denunciou.

Segundo criticou os comerciantes sufrindo o atraso das obras da reforma e instalados no mercado provisional. “Pero realmente onde terían que estar a tendendo a súa clientela, que pouco a pouco a van perdendo é na parte de abaixo”, manifestou. ´na parte Levan , polo que

“Foi unha iniciativa do BNG, nós a puxemos en marcha e non entendemos porque a día de hoxe o Concello de Vigo ten esta obra paralizada. Nós esiximos que as aceleren o máximo posible polo ben da cidade e polo ben do pequeno comercio”, subliñou o candidato, para quen os comerciantes teñen “todo o dereito e toda a razón” para formular as súas queixas contra o propio Concello.

visita mercado progresoEn resposta aos medios Serafín Otero comentou as impresións que lle trasladaron os propios comerciantes, algún deles falando incluso de “depresión”, “porque os clientes que se perden logo e difícil recuperalos”. Neste sentido comentou que hai que ter en conta que a inauguración do mercado estaba prevista inicialmente para 2012 e hoxe en día “teñen a incerteza de que aínda non saben a data de cando vai estar en condicións”.

“Pídenos que entremos no Concello, que metamos caña e o antes posible o poñamos en marcha. Desde logo este é o compromiso do BNG, que sempre o foi”, asegurou lembrando as partidas consignadas polo Bloque para a súa realización cando tiña responsabilidades de goberno e cando xa na oposición o grupo municipal realizou varias pregunta no pleno sobre o transcurso das obras.

 

Serafín Otero defende que Vigo sexa declarada cidade saturada de grandes áreas comerciais