O BNG de Vigo esíxelle á Autoridade Portuaria reducir a “cero metros cadrados” o proxecto de novos aterramentos na Ría
A fronte nacionalista reitera o seur rexeitamento frontal a novos recheos portuarios en Bouzas que considera unha “inxustificados e unha grave agresión ambiental”.
Xabier P. Igrexas a Vázquez Almuiña: “A cidade non vai permitir nin un recheo de 75 mil metros cadrados, nin de 18 mil. O único número correcto é cero metros, porque o tempo dos recheos rematou”
O Bloque Nacionalista Galego reaccionou ao cambio de plans da Autoridade Portuaria en relación ao proxecto de novos recheos en Bouzas, demandando ao seu presidente, o popular Jesús Vázque Almuiña, a que “renuncie de maneira definitiva á pretensión de seguir cementando a ría de Vigo”.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, retrucou esta mañá os anuncios realizados pola Autoridade Portuaria (AP) de Vigo polo que, segundo se recolle no seu Plan de Empresa, o novo recheo de Bouzas pasaría dos 75 mil metros cadrados inicialmente previstos a 18 mil. “O que ten que facer o señor Vázquez Almuiña é reducir a cero metros cadrados ese proxecto co que queren seguir cementando a nosa ría. Ten que desistir de perpetrar unha nova agresión ambiental contra un ecosistema privilexiado como é a Ría de Vigo”, afirmou.
Igrexas subliña a total falla de xustificación para promover novos aterramentos portuarios. “Cando o anterior presidente da AP, López Veiga, defendía rechear 75 mil metros cadrados díxosenos que era imprescindíbel e irrenunciábel. E agora poucos meses despois, o seu sucesor e compañeiro de Partido, di que pode reducilo a 18 mil metros. Nós dicímoslles que o número correcto é cero, porque o tempo dos recheos rematou”, defendeu, lembrando que a cidade xa lle gañou con recheos preto de 3 millóns de metros cadrados ao mar.
O portavoz municipal nacionalista instou ao presidente da AP de Vigo a “poñer antes de nada orde na súa propia casa, reordenando os usos que se fan da superficie portuaria e que non está xustifi-cado que fiquen á beira da lámina de auga”. Neste sentido, desde o Bloque lembran que o porto vigués fica pendente de se dotar dunha Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP).