Novas
rop01

O BNG de Vigo pide ao Goberno municipal que aclare dunha vez que vai pasar coa escola infantil Santa Marta

A fronte nacionalista pide que o concelleiro de Educación, Gorka Gómez, explique publicamente se vai abrir matrícula no centro para o vindeiro curso e con cantas prazas.

Insisten en demandar un compromiso claro do Goberno municipal para garantir que o Casco Vello e o centro da cidade non van perder a única escola infantil pública de 0 a 3 anos.

Xabier P. Igrexas: “Unha vez xa quedou acreditado que non hai motivo real para trasladala, nin moito menos fechala, hai que poñer fin a este culebrón e garantir que a escola infantil Santa Marta vai estar plenamente operativa no vindeiro curso”.

Ler novas
bng favec

O BNG de Vigo pide que cese a “violencia institucional” contra quen ousa discrepar do alcalde

A fronte nacionalista reiterou á Favec o seu completo apoio perante a ameaza de desaloxo da sede que ocupan desde hai varias décadas.

Demandan un novo regulamento de participación cidadá para alargar o papel protagónico da veciñanza e dos movementos sociais.

Xabier P. Igrexas: “Democracia non é só votar cada catro anos. Democracia é sobre todo diálogo e participación. É escoitar, sobre todo a quen pensa diferente. Como se fai no movemento veciñal todos os días”.

Ler novas
auto 02

O BNG pide en Vigo políticas públicas contra a precariedade laboral e a deslocalización produtiva na automoción

A deputada no Parlamento galego, Carmela González, demanda transparencia nas subvencións ao sector e esixe que estas se utilicen para fixar a produción en Galiza e para mellorar as condicións laborais e salariais.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, alerta de que “na nosa cidade só no último ano se destruíron 2.500 empregos industriais e hoxe na industria viguesa hai 5.400 traballadores e traballadoras menos que en 2009”.

Ler novas
AP9

O Goberno municipal de Vigo confirma ao BNG que non hai motivo para fechar nin trasladar agora a escola infantil Santa Marta

Interpelada polo BNG na Xerencia de Urbanismo a concelleira, María José Caride, ratificou que non se tramitou ainda ningunha solicitude de licenza de obra no Barrio do Cura.

Xabier P. Igrexas: “Se non hai unha alternativa viábel e adecuada non podemos permitir o feche da única escola infantil pública do centro da cidade”.

As opcións de trasladar as crianzas a Bembrive ou ao IME son para o Bloque falsas alternativas que insisten na improvisación.

Ler novas
Xabier P Igrexas e Nestor Rego

O BNG pedirá a comparecencia da Ministra de Transición Ecolóxica sobre os proxectos de recheos e a DEUP do Porto de Vigo

O Goberno do Estado, en resposta a dúas iniciativas do BNG, xustifica de maneira indignante os aterramentos promovidos pola Autoridade Portuaria de  Vigo chegando a afirmar que se trata de “actuacións estritamente necesarias”.

O deputado do BNG no Congreso,  Néstor Rego, critica que o executivo PSOE e Unidas Podemos non se teña manifestado de maneira clara en contra de novos recheos que supoñen unha agresión ambiental inxustificábel.

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e os vigueses hai moitos anos que sabemos que o tempo dos recheos rematou. O futuro de Vigo e do seu porto pasa por apostar por aproveitamentos sustentábeis”

 

Ler novas