Novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG de Vigo pide a Caballero que se desculpe en nome do PSOE pola nefasta xestión da entidade local menor de Bembrive 

A fronte nacionalista considera “insuficiente e insultante” que o rexedor e máximo referente do PSOE vigués se limitase a expresar “respeito” pola condena xudicial a máis de 2 anos de prisión contra o exalcalde pedáneo, Roberto Ballesteros. 

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero non pode facer como que non coñece de nada a Ballesteros”. 

NAVIA¬ O Bloque afea que o Goberno municipal recoñeza non ter feito ningunha xestión en un ano e dous meses para desbloquear a construción do novo instituto de Navia. "Uns por outros e Navia sen instituto".

Ler novas
xabier p

O BNG de Vigo critica que non se teña dado "nin un paso" para construír o instituto de Navia

Interpelarán o Goberno municipal na Xerencia de Urbanismo a respeito da cesión dos terreos necesarios.

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que a Consellaría de Educación veña de recoñecer que non houbo ningún avance para dotar Navia do instituto que necesita e merece".

 A fronte nacionalista denuncia que a falla de cooperación entre Xunta e Concello estea a frear a posta en marcha do novo centro educativo.

Ler novas

O BNG de Vigo denuncia a opacidade e falla de participación na elaboración de proxectos do Concello para acudir aos fondos de recuperación

Propoñen que se poña en marcha un grupo de traballo con todas as forzas políticas da Corporación para poñer en común ideas e propostas.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos enterrar estes recursos só en gasto inaugurábel en ascensores e escaleiras mecánicas, que son até o momento os únicos proxectos que anunciou Abel Caballero"

Ler novas
vulcano 01

O BNG levará a Parlamento e Congreso a esixencia de continuidade da actividade naval no antigo Vulcano

A deputada, Carmela González, e o concelleiro, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro con representantes do Comité de Empresa do antigo Vulcano.

Critican o silencio do Goberno municipal de Vigo e instan o alcalde, Abel Caballero, a opoñerse a calquera intento de resolver a actual concesión portuaria até que haxa garantías de continuidade do estaleiro.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que se feche un estaleiro fundamental para a construción naval de Vigo para poñer contedores. Esta parcela ten que dedicarse, si ou si, a reparar e construír barcos

Ler novas
vulcano

O BNG de Vigo esixe ao PP que cese na súa campaña contra o naval e asegure o futuro da actividade no antigo estaleiro Vulcano 

Xabier P. Igrexas: “As declaracións de onte de Enrique López Veiga son infames e verifican que o único que pretendía o PP desde a Autoridade Portuaria era finiquitar o estaleiro para destinar a parcela a outros usos”. 

A fronte nacionalista manterá mañá, xoves, un encontro co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada após a sentenza sobre a concesión portuaria e anunciar iniciativas políticas en favor da continuidade da actividade naval nas gradas de Teis. 

Ler novas
AP9

O BNG de Vigo demandará no Pleno medidas fronte a crise industrial e comercial que vive a cidade

Propoñen a posta en marcha dun Plan de Reindustrialización, a intervención pública de Barreras, a creación dunha Mesa Galega da automoción, despregar unha liña de axudas municipais ao comercio e a hostalaría e rebaixar o IVE das perruquerías ao 10%.

Xabier P. Igrexas:  “Queremos poñer acima da mesa a principal preocupación das viguesas e os vigueses que é a situación económica, produtiva e laboral da cidade e pedir medidas concretas e reais para atallar os efectos desta crise”

Ler novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo propón destinar os remanentes a atender as necesidades reais da cidade e non a grandes inauguracións

Propoñen dedicar 23,5 millóns de euros a axudas directas ao comercio, hostalaría, industria cultural e o tecido asociativo, aumentar substancialmente os recursos do Plan Municipal de Emprego e despregar un plan de actuacións e melloras en todos os barrios.

Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode seguir sendo a única das sete grandes cidades galegas que non ten mobilizado nin un só euro para axudar o pequeno comercio ou a hostalaría”.

Ler novas