Novas
perruquerias01

O BNG reclama en Vigo medidas de apoio ao sector das perruquerías, barberías e centros de estética

A deputada e portavoz de Comercio do BNG, Carmela González, urxe a rebaixa do IVE ao 10% para evitar o feche de estabelecementos e critica que PSOE  e Unidas Podemos votasen en contra desta medida na tramitación dos orzamentos xerais do Estado.

A fronte nacionalista demanda tanto de Xunta como de Concello que se despreguen axudas directas adaptadas a un sector que xa acumula perdas do 50% da súa facturación.

Xabier P. Igrexas: “Non se entende que o Goberno municipal de Abel Caballero queira destinar case 3 millóns de euros a subvencionar aeroliñas privadas pero que dedique cero euros a axudar ao tecido comercial da cidade”

Ler novas
marisquiño

O BNG demandará no Parlamento galego apoio da Xunta para evitar a marcha do Marisquiño de Vigo

A deputada, Alexandra Fernández, demandará explicacións pola falla de apoio do Goberno galego a un evento de tanta relevancia para a cidade e o País.

A fronte nacionalista denuncia o veto do PSOE que impediu que no Pleno do Concello de Vigo desta mañá se debatese unha moción de urxencia sobre a continuidade do festival.

Xabier P. Igrexas: “Do que se trata é de impedir a marcha do Marisquiño de Vigo non de que o alcalde monte o seu propio ‘Abeliño’”

Ler novas
navia01

O BNG rexeita en Vigo a reforma da Lei de Saúde por reducirse a máis multas e non a máis recursos para a sanidade pública

A fronte nacionalista acusa o PP de promover unha “contrareforma sanitaria” baseada en “vixiar punir e restrinxir dereitos, cunha especie de estado de alarma permanente”. 

Demandan que se revertan as políticas de recortes e privatizacións aplicadas pola Xunta nos últimos anos lembrando que “as multas non curan, pero máis persoal sanitario e máis medios na sanidade pública, si”.

Ler novas
caballero obras

O BNG de Vigo critica a “irracionalidade e ineficiencia” na xestión das obras de humanización na cidade

A fronte nacionalista pon como exemplo a Avenida Alcalde Gregorio Espino que con menos de un quilómetro de extensión contará con 5 fases e non verá concluída a humanización, iniciada en 2018, até o ano 2023.

Xabier P. Igrexas: “Cinco anos é o que tarda o Goberno municipal de Vigo con máis orzamento da historia da cidade e con plena capacidade de obrar pola súa maioría absoluta, en humanizar pouco máis de 900 metros”.

Ler novas