O BNG de Vigo critica o papel “ornamental” do Consello Social da Cidade nos novos orzamentos municipais
A fronte nacionalista defende un cambio de modelo para converter os organismos consultivos do Concello en “espazos de participación efectiva e de codecisión”.
Xabier P. Igrexas: “Volvemos ter uns orzamentos elaborados polo PSOE tendo en conta só a opinión do PSOE. Urxe avanzar cara a unha democracia participativa e real que permita sumar ideas, vontades e esforzos”.