Novas
pleno c

O BNG de Vigo pide a Abel Caballero que deixe de mentir á cidadanía sobre a saída sur de alta velocidade

_A fronte nacionalista denuncia que nos orzamentos xerais do Estado de PSOE e Podemos, a saída sur só terá 200 mil euros para elaborar un novo estudo informativo cando o anterior custou máis de 1 millón.

_Xabier P. Igrexas: “A verdade dos números é que detrás da propaganda e das promesas, só hai fume e a saída sur vai volverá quedar no caixón”.

Ler novas
comercio02

O BNG chama en Vigo a apostar no comercio local e nos produtos galegos e demanda maior apoio institucional ao sector

_A deputada, Carmela González, urxe a posta en marcha de axudas económicas específicas, liñas de crédito e rebaixas fiscais para o pequeño e mediano comercio.

_Xabier P. Igrexas: “Axudar a que os pequenos comercios que dinamizan os nosos barrios e parroquias, que vertebran a cidade e crean emprego estábel, poidan volver abrir a persiana, non pasa por boas palabras e grandes anuncios. Son necesarias medidas concretas e recursos

Ler novas
XPI01

O BNG reclama unha posición firme do Concello de Vigo diante da DEUP e do novo proxecto de recheo de Bouzas

_A fronte nacionalista interpelou o Goberno municipal urxindo a alegar en contra da delimitación de usos e dun novo aterramento de 65 mil metros cadrados en Bouzas.

_Instan a Abel Caballero “a deixar de poñerse de perfil” e a utilizar todos os medios administrativos e legais ao seu dispor para evitar novas agresións á ría.

_Xabier P. Igrexas: “O tempo dos recheos ten que acabar. O desenvolvemento das potencialidades portuarias de Vigo non pode seguir facéndose a costa de novas agresións ambientais contra un ecosistema privilexiado como é  ría de Vigo”

Ler novas
carmela

O BNG demanda que calquera nova axuda a Barreras se condicione a que haxa presenza pública no seu accionariado e dirección

A deputada, Carmela González, instará a vindeira semana no Parlamento galego que a Xunta actúe para blindar a continuidade da actividade e do emprego no estaleiro.

Xabier P. Igrexas: “Vendo como o capital privado, coa súa nefasta xestión, cada pouco tempo nos empurra ao mesmo abismo, xa é hora de apostarmos por un sector naval público ou semipúblico na ría de Vigo”.

Ler novas