O BNG alerta das “graves deficiencias” na limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro e esixe á Xunta que actúe
A fronte nacionalista recolle as denuncias do propio persoal do servizo e apoia a súa demanda de que se reforce con máis persoal e protocolos claros.
Montse Prado critica que o modelo privatizador do HAC, que supón un custe por acima dos 100 millóns de euros anuais, continúe a condicionar a atención sanitaria.
Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que os baños dun hospital se limpen menos veces que os dun centro comercial, e que isto pase no medio dunha pandemia é unha temeridade moi perigosa”.