Actualidade
WhatsApp Image 2019-05-26 at 23.53.03 (1)

Xabier P. Igrexas: “O BNG volvemos ao Concello de Vigo para quedar”

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, agradeceu o apoio das case 8500 viguesas e vigueses que apoiaron o BNG e permitiron o seu regreso á Corporación Municipal obtendo un asento no Pleno.

Igrexas recoñeceu a “clara vitoria” do PSOE, pero advirte que “ningunha maioría absoluta, por folgada que sexa, é un cheque en branco para gobernar de costas ou en contra da veciñanza”. O BNG celebra “o desplome do PP de Feixóo” en Vigo e que forzas “españolistas ultra e reaccionarias” como Vox e Ciudadanos non obtiveran representación.

“O asento do BNG no pleno vai ser tamén o asento que dea voz ao tecido asociativo e de todas as viguesas que cren que a cidade merece máis. Centrarémonos en ofrecer alternativas en positivo para responder ás necesidades reais das viguesas e vigueses, dos barrios e parroquias”, anticipou Igrexas.

Ler novas
IMG_20190524_101053

O BNG urxe a convocatoria das OPE pendentes para reforzar con máis persoal o corpo de bombeiros de Vigo

O candidato nacionalista pide ter un parque á altura dunha cidade de 300.000 habitantes e non dunha de apenas 100.000 garantindo como mínimo 150 bombeiros.

“Ás portas do verán e coa evidente falta de vontade política do actual goberno, o que nos preocupa é que se repitan situacións como a vaga de lumes do 2017 e que este colapso do servizo poña en risco a seguridade”, recordou Pérez Igrexas.

Ler novas
20190520_FT_EncontroFAVEC2

O BNG chama a evitar unha nova maioría absoluta e tende a man á veciñanza a se sumar ao seu proxecto en positivo

“Agora que é claro que a dereita non suma e non poderá gobernar Vigo, tendemos a man a todas as viguesas e vigueses  para que se sumen ao proxecto en positivo que representa o BNG e evitar dar unha nova maioría absoluta a quen a entendeu estes catro anos como un cheque en branco para gobernar de maneira autoritaria e de costas á veciñanza”, propón o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.

O BNG promoverá un novo Regulamento de Participación Cidadá “para facer que non escoitar deixe de ser unha opción” e avanzar cara a un modelo de “codecisión” que lle dea voz e voto aos colectivos sociais.

Ler novas
WhatsApp Image 2019-05-09 at 17.34.59

O BNG inicia a campaña baixo o lema Agora Vigo para impulsar unha cidade de iguais e para o pobo

Con medidas en materia de política social, cultural, mobilidade ou emprego e radicalmente feministas e enfocadas á mocidade para facer crecer a unha cidade con “enormes potencialidades”

“Entendemos que é o momento de darlle a Vigo un novo impulso e de rachar co inactivismo asentado no Concello no que non hai a día de hoxe unha oposición real que defenda os intereses das viguesas e os vigueses”, acrecenta o candidato Xabier P.Igrexas

Ler novas
20190508_FT_EncontroCIG

Xabier P. Igrexas: “O Concello ten que actuar para crear oportunidades en Vigo, con empregos e salarios dignos”

“Ninguén entende que na situación de emerxencia que atravesa a cidade se teñan destinado máis recursos en dous meses a luces e adornos que o que se destinou nun ano ao Plan Municipal de Emprego” denuncia o candidato do Bloque á alcaldía.

O BNG reafirma a súa aposta por volver facer de Vigo “o pulmón industrial de Galiza e a capital galega da innovación, a tecnoloxía e as comunicacións”. Propoñen duplicar o Plan Municipal de Emprego, redimensionar o Vigo Emprega e medidas específicas de apoio á mocidade e as mulleres.

Ler novas