O BNG reclama reforzos urxentes diante do “colapso” nos servizos sociais do Concello de Vigo
A fronte nacionalista denuncia que a cidade conta con menos da metade de traballadoras sociais necesarias e alerta de esperas de entre 8 e 10 semanas para unha primeira cita
Xabier P. Igrexas: “Cando estes días hai quen saca peito de sermos a cidade máis feliz do Estado, do que se trata é de socializar o dereito á felicidade, principiando por garantir que todas as persoas teñan as súas necesidades básicas cubertas”