caso enchufe
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno municipal

O BNG de Vigo censura que o PSOE se comporte igual que o PP fronte a corrupción

A fronte nacionalista critica que o grupo municipal socialista votara en contra de condenar no Pleno o maior caso de corrupción na historia do Concello de Vigo, polo “enchufe” da cuñada de Carmela Silva, e que se opoña a despregar medidas fronte ao enchufismo.
 

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses merecen que se explique como se puideron roubar 108 mil euros do Concello para beneficiar a unha familiar dun membro do Goberno municipal”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo defende a necesidade dun Pleno extraordinario polo caso ‘enchufe’ diante do silencio do Goberno municipal e para evitar que fique impune

A fronte nacionalista reitera que este escándalo de corrupción sen precedentes no Concello de Vigo merece explicacións e esixe a reprobación da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e do alcalde, Abel Caballero.

O portavoz municipal do BNG de Vigo advirte do oportunismo do PP cando a súa formación “non está en condicións éticas de abandeirar ningunha loita pola honradez” nin os puntos que serán sometidos a votación no Pleno foron iniciativa dos populares.

Xabier P. Igrexas: “O BNG actuamos facendo prevalecer a necesidade deste Pleno por hixiene democrática por enriba doutras consideracións”.

Ler novas