concesión
Novas

O BNG de Vigo defende a remunicipalización da auga para abaratar o recibo e mellorar a xestión

Pide crear un Grupo de Traballo no Concello para definir un novo modelo integral da xestión da auga e un novo sistema de tarifas fronte á “estafa imposta por Abel Caballero”

Denuncia o mal servizo da concesionaria privada con incidencias e cortes constantes

Xabier P. Igrexas: “A fin da prórroga de Aqualia abre a posibilidade de deixar atrás este modelo ineficiente e caro para poñer baixo xestión pública un ben imprescindíbel”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG defenderá no Pleno de Vigo non hipotecar 10 anos máis a cidade cunha concesión privatizada de bus

A fronte nacionalista traslada unha moción para desistir da licitación anunciada, cun alza do 90% sobre a concesión actual, e crear unha empresa pública municipal de transportes

Pide convocar o Consello de Transportes para definir con participación o novo servizo

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización do bus é a mellor opción para garantir un servizo de calidade; non podemos permitirnos 10 anos máis cun bus insuficiente e deficiente”
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG revela que o Concello transferiu 50 millóns a Vitrasa dende 2019 malia recortar frecuencias e precarizar as condicións laborais

A fronte nacionalista acusa o Goberno local de “complicidade” coa concesionaria de bus: “Non podemos seguir a subvencionar a precariedade nun servizo de titularidade municipal”

Chama a aproveitar a oportunidade da fin da concesión en xuño de 2025 para remunicipalizar o servizo e dotalo de máis frecuencias, mellores horarios e un novo mapa de liñas

Xabier P. Igrexas: “Coa política de mobilidade de Abel Caballero a única que gaña sempre é Vitrasa; o único que se move é cada vez máis diñeiro público aos petos da empresa”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo destapa as mentiras de Abel Caballero sobre o reequilibrio de Vitrasa: nin era inminente nin vai resolver o conflito

A fronte nacionalista revela que a nova indemnización á concesionaria de bus urbano está nun punto morto e “dificilmente” se poderá materializar antes do verán porque non hai partida orzamentaria e o importe terá que ser recalculado

Denuncia o proceder “autoritario e antidemocrático” do Goberno local por ocultar ao BNG este expediente durante 102 días até o ultimato nacionalista do pasado xoves

Xabier P. Igrexas: “Cando o alcalde presentou o reequilibrio da concesión como a solución ao conflito mentiu deliberadamente ao persoal de Vitrasa e á veciñanza de Vigo”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo lanza un ultimato de 24 horas a Caballero: iniciará accións xudiciais se insiste en vetar o acceso ao expediente do reequilibrio de Vitrasa

A fronte nacionalista denuncia que o Goberno municipal denegou de maneira “ilegal” en dúas ocasións a consulta dos informes sobre a concesión de bus urbano: “Que ten que esconder o alcalde?”

Xabier P. Igrexas: “Ningunha maioría absoluta, por lexítima que sexa, pode supoñer o atropelo dos dereitos democráticos nin moito menos impedir o exercicio de dereitos fundamentais de representantes electos das viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG insta o Concello de Vigo a tomar o control de Vitrasa ante a “actitude pirata” da empresa

A fronte nacionalista pide designar unha Intervención Técnica municipal da concesión diante dos “graves e reiterados incumprimentos” que precarizaron o bus urbano

O Concello encargaríase do servizo utilizando o persoal, medios e material da empresa, como paso previo a un eventual rescate definitivo da concesión

Xabier P. Igrexas: “O Concello de Vigo ten que enviar a mensaxe de que xa chegou, que non se pode tolerar por máis tempo esta situación nun servizo municipal que é esencial”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG acusa o Goberno de Caballero de vetarlle o acceso ao expediente da nova indemnización a Vitrasa

A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra esta “manobra abertamente ilegal” e pedirá o amparo da Valedora do Pobo

Xabier P. Igrexas: “Caballero non quere que poidamos comprobar con datos e documentos que o seu anuncio do 22 de novembro, sobre o moi avanzado que estaba o reequilibrio económico, era unha cortina de fume para evitar a folga”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, apoiando unha manifestación do persoal de Vitrasa

O BNG de Vigo defenderá cinco medidas no Pleno para poñer fin á situación “insostíbel e deficiente” do bus urbano

A fronte nacionalista pide abrir expediente de sanción contra a concesionaria polos “reiterados incumprimentos” das condicións do servizo e das obrigas co seu persoal

Reclama que o Goberno de Caballero abandone a “complicidade descarada” con Vitrasa no conflito laboral e comece a estudar a remunicipalización ante a fin da prórroga en 2025

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que actuar xa despois de ter permitido, por acción e por omisión, a precarización dun servizo esencial para a veciñanza”

Ler novas