dependencia
Novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal BNG Vigo

O BNG denuncia listas de espera no SAF de Vigo pese a contar con horas de servizo dispoñíbeis

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, urxe ao Goberno de Abel Caballero a corrixir esta situación pola que se reduciu o número de persoas usuarias en 121 dende o ano anterior e que provocou que moitas familias reciban menos asistencia da necesaria

Reafirma a aposta do Bloque por reforzar o SAF, tal como avanzou a candidata nacionalista á Presidencia, Ana Pontón, comprometendo un incremento dun 66% dos recursos que a Xunta de Galiza destina ao cofinanciamento deste servizo

Ler novas
Novas
Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas reunidos co colectivo de pensionistas e xubilados/as da CIG, delegadas do SAF e representantes da Federación de Familiares de Usuarias de Residencias e Dependencia (REDE)

O BNG reivindica en Vigo un novo modelo de residencias públicas para que “a vellez deixe de ser un negocio”

A fronte nacionalista propón tamén aumentar os recursos do Servizo de Axuda no Fogar na súa aposta por poñer a atención da dependencia no centro das políticas da Xunta

Alexandra Fernández: “O compromiso do BNG é reforzar a rede pública de coidados dos nosos maiores cun Goberno galego presidido por Ana Pontón a partir do 18 de febreiro”

Xabier P. Igrexas: “Cómpre despregar unha enérxica política pública para atender como merecen as máis 70 mil viguesas e vigueses maiores de 65 anos e as persoas dependentes"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda a intervención da Xunta e do Concello para garantir a actualización dos salarios no Servizo de Axuda no Fogar

A fronte nacionalista rexistra unha moción ao Pleno diante da negativa de Servisar, empresa do grupo DomusVi que xestiona o servizo na cidade, a aplicar a suba salarial recollida no convenio colectivo.

Pide estudar a municipalización deste servizo esencial na atención das persoas maiores e dependentes para que deixe de ser unha fonte de negocio privado.

Ler novas