electricidade
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo propón un plan de choque para enfrontar a crecente pobreza enerxética

A fronte nacionalista considera insuficientes as medidas adoptadas polo Concello para protexer os miles de fogares afectados polo incremento “inaceptábel” da tarifa eléctrica.

Xabier P. Igrexas: “A única medida concreta que ten despregado o Goberno municipal é un convenio con Naturgy de apenas 50mil euros para a mellora da eficiencia enerxética do que só se poden beneficiar un máximo de 25 fogares”.

Ler novas
Novas
Recollida de sinaturas do BNG contra a suba da luz

O BNG de Vigo demanda que a Oficina Municipal do Consumidor ofreza protección fronte aos abusos das eléctricas

As nacionalistas propoñen que este organismo asesore ás persoas consumidoras con dificultades para afrontar a acumulación de facturas que están a practicar as empresas.

Xabier P. Igrexas: “Sería un instrumento moi importante para abrigar e dar apoio público aos fogares que están nunha situación de desprotección diante deste tipo de abusos”.

Ler novas
Novas
luz

O BNG inicia en Vigo a recollida de sinaturas contra a suba da luz

Despregarán puntos informativos e mesas de recollida de sinaturas en todos os barrios e parroquias da cidade.

Carmela González: “As novas tarifas prexudican gravemente as familias traballadoras e as empresas do noso País e só beneficia ao lobby das grandes eléctricas. As mesmas empresas que teñen os seus consellos de administración cheos de exministros de PSOE e PP”

A fronte nacionalista demanda a rebaixa do IVE, a creación dunha empresa enerxética pública e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega.

Ler novas
Actualidade
fenosa01

 O BNG exixe ao Goberno galego que actúe fronte a situación ‘calamitosa’ do sector eléctrico

_A formación nacionalista realizou unha acción simbólica diante das oficina de atención ao cliente de Gas Natural - Fenosa en Vigo.

_Reclaman que se exixan responsabilidades ás empresas subministradores polos apagóns, que se compense aos concellos, fogares e empresas afectadas.

_Exixen o traspaso da competencia da xestión eléctrica, e reiteran a proposta dunha tarifa eléctrica galega e da redución do IVE para abaratar a factura de fogares e empresas.

Ler novas