O BNG demanda 5 novas escolas infantís da Xunta en Vigo diante da continua falla de prazas públicas
A fronte nacionalista denuncia que centos de familias (2 de cada 3 solicitudes) quedan sen praza cada curso escolar pola insuficiente oferta pública
A deputada Carmela González avanza iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación que garanta que todas as familias viguesas teñan unha praza pública