entidade local menor
Novas
Roberto Fernández Vila, portavoz do BNG en Bembrive, durante un mitin na parroquia

O BNG denuncia as elevadas retribucións do PSOE na Entidade Local Menor de Bembrive malia a “grave” situación económica da pedanía

A fronte nacionalista rexeita os salarios aprobados no Pleno de Organización diante da “preocupante” situación que atravesa a institución tras sucesivos casos de corrupción e dunha xestión “nefasta” dos Gobernos socialistas

Roberto Fernández Vila, voceiro do BNG en Bembrive: “Xa son demasiados anos de desgoberno e de malgasto mentres a parroquia continúa no abandono”

Ler novas
Novas
Entidade Local Menor de Bembrive

O BNG denunciará na Xunta Electoral o “uso partidista” da Entidade Local de Bembrive polo PSOE

A fronte nacionalista censura a publicación dun acto electoral da candidatura de Abel Caballero na páxina oficial de Facebook da Entidade Local Menor

Roberto Fernández Vila, candidato pedáneo: “Urxe abrir unha nova etapa na Entidade que deixe atrás estes anos escuros de corrupción e ruína”

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía de Vigo: “O PSOE leva moitos anos tratando a Entidade Local Menor de Bembrive como o seu negocio particular, e volve demostralo utilizándoa para o seu vantaxismo electoral”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas (esquerda), Roberto Fernández (centro) e Beni Expósito (dereita)

O BNG aposta en Roberto Fernández para “abrir un tempo novo” en Bembrive sen corrupción e freando a ameaza dos viais

A fronte nacionalista presenta a súa candidatura co compromiso de rematar co “desgoberno” dos últimos anos e devolver a Entidade Local Menor á veciñanza de Bembrive

Roberto Fernández: “O proxecto en positivo e participativo do BNG é a mellor oportunidade para poñer fin ás prácticas caciquís que arruinaron e abandonaron a nosa parroquia”

Xabier P. Igrexas: “Con Roberto Fernández imos construír un Bembrive do que nos sentir orgullosos e orgullosas, e o BNG garantiremos que o Concello de Vigo atenda como merece esta importante parroquia”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero que dea a cara tras a nova condena por corrupción dun alcalde pedáneo do PSOE en Bembrive

A fronte nacionalista cualifica de “escándalo sen precedentes na cidade” a sentenza por prevaricación contra Marcos Castro, que xunto a do anterior pedáneo Roberto Ballesteros suman 35 anos de inhabilitación e varios de prisión

Xabier P. Igrexas: “O presidente do PSOE de Vigo ten que dar explicacións pola corrupción de dous alcaldes designados por el e que contaron co seu patrocinio persoal”

Ler novas
Novas
Abel Caballero saúda Roberto Ballesteros nunha foto de arquivo [Imaxe: Vigohoy]

O BNG reclama explicacións e desculpas de Caballero pola corrupción na Entidade Local Menor de Bembrive

A fronte nacionalista volve esixir ao rexedor e presidente local do PSOE que dea a cara por ter “patrocinado” a designación de Roberto Ballesteros como alcalde pedáneo, após o auto de ingreso en prisión.

Xabier P. Igrexas: “A nefasta e corrupta xestión do ex alcalde pedáneo e tamén do actual rexedor socialista, cunha causa xudicial aberta, teñen situado á Entidade Local Menor en risco de quebra”.

Ler novas