ere
Novas
Reunión do BNG co Comité Empresa Vodafone

O BNG reclama aos Gobernos español e galego que impidan o ERE en Vodafone que ameaza 60 empregos en Galiza

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para evitar a destrución de postos nos centros de Vigo, Pontevedra e A Coruña, despois de manter unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa

Néstor Rego: “O BNG demandamos en máis dunha ocasión recuperar a autorización administrativa previa para os ERE que permitiría evitar casos como o de Vodafone”

Carmela González: “A Xunta ten que actuar como autoridade laboral para garantir a continuidade dos empregos na Galiza”

Ler novas
Novas
Carmela González rolda Bosch

O BNG urxe á Xunta a impedir o ERE que ameaza 148 empregos no centro de chamadas de Bosch en Vigo

A fronte nacionalista anuncia iniciativas no Parlamento galego para evitar a deslocalización dos servizos que Vodafone presta en Bosch Vigo, tras manter un encontro co Comité de Empresa.

Carmela González: “O goberno de Rueda ten que facer valer os contratos millonarios que ten asinados con Vodafone para evitar que se destrúan máis postos de traballo na nosa cidade”.

Xabier P. Igrexas: “O BNG trasladamos ao persoal de Bosch o noso completo apoio e compromiso para actuar en todos os ámbitos para defender a continuidade do emprego”.

Ler novas