grupo municipal
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde, Grupo Municipal do BNG de Vigo, no Pleno

O BNG de Vigo denuncia a pretensión de Caballero de impoñer o "rodete antidemocrático" no Pleno de Organización

A fronte nacionalista critica que o PSOE monopolice 12 das 13,5 dedicacións retribuídas, que non teña asignado persoal de apoio aos grupos da oposición nin designado membros para a Xerencia de Urbanismo e o resto de organismos con representación do Concello

Xabier P. Igrexas: “O alcalde quere comezar o mandato incumprindo a lei negándose de novo a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación a pesar de ser obrigatoria”

_Sobre a folga no servizo de bus urbano, o BNG esixe ao alcalde que deixe de actuar como "lacaio de Vitrasa" e que se implique para desbloquear a negociación laboral

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas - Ana Martinez - Filipe Abalde

O BNG constituirá este luns o seu Grupo Municipal en Vigo

A fronte nacionalista designa a Xabier P. Igrexas como o seu Portavoz municipal e a Ana Martínez e Filipe Abalde como voceira e voceiro suplentes

De cara ao Pleno de Organización advirten que a lexislación e a normativa mandatan que as forzas da oposición teñen que contar tamén cos medios materiais e humanos necesarios para realizar o seu labor

Xabier P. Igrexas: “Ponse punto e final á aberración antidemocrática dos últimos catro anos, nos que de maneira abertamente ilegal e inxusta, o PSOE de Abel Caballero tentou por todos os medios amordazar e invisibilizar o BNG”

Ler novas
Goberno local
IMG_20190621_101026

Igrexas esixe ao PSOE que respeite o voto de 8500 viguesas e vigueses e cese na súa “violencia administrativa” contra o BNG

  • O concelleiro do Bloque pide que se faga público un recente informe do Secretario Municipal no que explica que a súa forzosa incorporación no Grupo Mixto, após xa ter sido designado como non adscrito por resolución de alcaldía,  suporía minorar e limitar os seus dereitos políticos. 
  • A fronte nacionalista presentará esta semana o recurso de reposición para reclamar o seu dereito a contar con grupo municipal propio. 
Ler novas
Pleno
IMG_20190621_101215

Xabier P. Igrexas: “As 8.461 viguesas e vigueses que votaron BNG elixiron un concelleiro, non un terzo de concelleiro”.

  • O concelleiro comunicou formalmente esta mañá a constitución do Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo, do que será único membro e portavoz.
  • A fronte nacionalista rexeita a pretensión do PSOE de “emparedar” a dúas candidaturas diferenciadas nun Grupo Mixto por ser unha interpretación contraria a Dereito e un “atropleo antidemocrático”.
Ler novas