litoral
Novas
Illa de Toralla

O BNG de Vigo defenderá no Pleno o cumprimento da Lei de Costas para garantir o acceso público ao litoral

Formula unha emenda a unha moción do PSOE para incluír a demanda de que Goberno español e Xunta, en colaboración co Concello, actúen para que se respeiten as servidumes de tránsito para poder desenvolver sendas peonís de acceso público en toda a faixa costeira

A fronte nacionalista propón a creación dunha Mesa Local do Litoral, con presenza de todas as administracións, a UVigo, colectivos de defensa ambiental e movemento veciñal

Xabier P. Igrexas: “Non se trata de 'abrir Vigo ao mar', trátase de entender que somos unha cidade que existe ao pé do mar e que ten que deixar de virarlle as costas como parte dun modelo de cidade moito máis sustentábel”

Ler novas
Novas
Protesta veciñal pola recuperación de Toralla

Goberno acorda co BNG traballar para que a Illa de Toralla sexa de acceso público

O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de darlle a razón á organización nacionalista nas súas exixencias para o cumprimento da lei e garantir o tránsito público

Carme da Silva: “Estaremos vixiantes para que se garanta a libre circulación das persoas e asegurando o acceso público a liña costeira”

Xabier P. Igrexas:  “As viguesas e vigueses non vamos aceptar que continúe a ser o couto VIP duns poucos incumprindo a lei"

Ler novas
Novas
Mobilización veciñal na Illa de Toralla

BNG urxe o Goberno a actuar e recuperar como espazo público a Illa viguesa de Toralla

Carme da Silva exixe garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas

O BNG mostra o seu apoio á mobilización veciñal realizada o pasado fin de semana para reclamar que a illa sexa devolta ao uso público e se abra a senda peonil prometida

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que en pleno 2024 a illa de Toralla continúe a ser un couto privado para uns poucos VIP”

Ler novas
Novas
Acto Público do BNG en Coruxo

O BNG aposta por converter desde a Xunta o litoral de Vigo nun referente da protección ambiental

A fronte nacionalista compromete cun Goberno liderado por Ana Pontón a partir do 18F a modernización dos sistemas de depuración para avanzar na rexeneración da Ría de Vigo para que “deixe de ser usada como un gran sumidoiro” e poñendo fin aos recheos portuarios

Carmela González: “O BNG defendemos unha Galiza máis sustentábel que dea pasos decididos na loita contra o cambio climático protexendo os nosos valiosos ecosistemas”

Ler novas
Novas
Visita do BNG Vigo á localización da nova urbanización en Cabo Estai

O BNG de Vigo pide a paralización cautelar das obras dos novos chalés en Cabo Estai

A fronte nacionalista reclama que se aclaren as irregularidades denunciadas pola Asociación Veciñal de San Miguel de Oia arredor deste proxecto de urbanización en primeira liña de costa.

Xabier P. Igrexas: “O tempo da barra libre urbanística, sobre todo no litoral, ten que darse por concluído, e hai que asegurar que actuacións coma esta cumpren de maneira escrupulosa con toda a normativa”.

Ler novas
Novas
XPI01

O BNG reclama unha posición firme do Concello de Vigo diante da DEUP e do novo proxecto de recheo de Bouzas

_A fronte nacionalista interpelou o Goberno municipal urxindo a alegar en contra da delimitación de usos e dun novo aterramento de 65 mil metros cadrados en Bouzas.

_Instan a Abel Caballero “a deixar de poñerse de perfil” e a utilizar todos os medios administrativos e legais ao seu dispor para evitar novas agresións á ría.

_Xabier P. Igrexas: “O tempo dos recheos ten que acabar. O desenvolvemento das potencialidades portuarias de Vigo non pode seguir facéndose a costa de novas agresións ambientais contra un ecosistema privilexiado como é  ría de Vigo”

Ler novas
Novas
paseobouzascerrado

O BNG de Vigo advirte que o paseo de Bouzas podería continuar fechado até 2022

O Goberno español confirmou, en resposta por escrito a unha pregunta do deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, que o expediente de concesión inda continúa en tramitación e non sinala ningún prazo nin data concreta.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, alerta de que “mesmo no caso de que a concesión se formalizase a finais deste ano como dixo o alcalde, e tendo en conta os prazos de licitación e de execución da obra, o novo Paseo de Bouzas non estaría rematado antes de 2022, case 4 anos despois do seu peche”.

A fronte nacionalista critica ademais que a actuación se vaia limitar a 528 metros, deixando en “propaganda e papel mollado” o anuncio de Abel Caballero de que ía atinxir desde Bouzas até Samil.

Ler novas