matamá
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal BNG de Vigo

O BNG de Vigo alega contra a ampliación do polígono de Balaídos e alerta do impacto sobre a veciñanza de Matamá

Cuestiona a súa necesidade e reclama unha avaliación ambiental ordinaria, apostando por optimizar o solo industrial existente fronte a un modelo “insustentábel”

A fronte nacionalista denuncia que o proxecto pretende aproximar aínda máis a actividade a zonas habitadas malia que a veciñanza leva décadas padecendo ruídos, cheiros e contaminación

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece luz e taquígrafos, e a veciñanza de Matamá merece que a súa saúde se poña por riba de calquera outro interese”

Ler novas
Novas
Foto: Adrián Irago

O BNG de Vigo esixe a Caballero que faga público o correo enviado á Policía Local sobre o Saltamontes

A fronte nacionalista considera “moi relevante” a declaración xudicial do Xefe da Policía Local na que asegurou que nunca recibiron instrución para inmobilizar a atracción, medida que tería evitado o accidente mortal nas festas de Matamá

Xabier P. Igrexas: “573 días despois a pregunta segue a ser a mesma: se a atracción non tiña autorización municipal, por que se permitiu que funcionase e por que non se precintou?”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo esixe o "cesamento inmediato" da concelleira de Seguridade imputada polo accidente do Saltamontes e unha comisión de investigación no Concello

A fronte nacionalista asegura que a decisión xudicia "verifica a existencia de indicios sólidos dunha eventual responsabilidade municipal en relación a un control neglixente"

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, critica que 538 días despois do tráxico accidente non se deran aínda “explicacións suficientes nin se asumise ningunha responsabilidade ”,

Ler novas
Novas
logo

COMUNICADO: Diante da imputación da concelleira-delegada de Seguridade no proceso xudicial polo accidente mortal no Saltamontes

Tras se coñecer a decisión da praza número 3 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo de proceder a imputar (citándoa en calidade de investigada) á concelleira-delegada de Seguridade, a señora Patricia Rodríguez Calviño, na causa aberta tras o tráxico sinistro mortal producido nunha atracción de feira nas Festas de Matamá o 3 de agosto de 2024, desde o Bloque Nacionalista Galego queremos manifestar o seguinte:

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que o Goberno local impide o acceso aos informes do accidente do ‘Saltamontes’

A fronte nacionalista acusa o Goberno de Abel Caballero de actuar de maneira “ilegal” ante a solicitude de información sobre o tráxico suceso nas festas de Matamá, malia a obriga de facilitar o acceso nun prazo máximo de 5 días

Xabier P. Igrexas: “Que se quere esconder? As viguesas e os vigueses, a principiar pola veciñanza de Matamá, merecen respostas e non apenas evasivas para escorrer o vulto”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo pide a comparecencia da concelleira e do xefe de servizo de Seguridade para aclarar o tráxico accidente nas festas de Matamá

A fronte nacionalista solicita formalmente ao alcalde a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Seguridade

Xabier P. Igrexas: “Algo tan grave como o sucedido nas festas de Matamá non se pode despachar con comunicados enlatados, sen atender preguntas nin dos medios de comunicación, e sen dar explicacións

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo pide información detallada sobre o accidente mortal nunha atracción en Matamá

A fronte nacionalista demanda ter acceso a toda a documentación que permitiu autorización municipal para a súa instalación, ao plan de autoprotección do evento e aos informes das intervencións da Policía Local e o servizo de bombeiros

Consideran “irresponsábel ou neglixente” o silencio do Goberno municipal diante dun suceso tan grave

Xabier P. Igrexas: “Esta desgraza evidenciou o grave perigo que supón ter fechado por falla de persoal o parque de bombeiros de Coruxo xa que retrasou 10 minutos a chegada dos efectivos ao lugar”

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Xabier P Igrexas (foto de arquivo)

O BNG urxe ao Goberno español a actuar contra a contaminación de Stellantis na parroquia viguesa de Matamá

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Congreso para que a Zona Franca de Vigo, responsábel do polígono de Balaídos, poña fin a dúas décadas de emisións de micropartículas de pintura, ruídos e cheiros “insoportábeis”

Néstor Rego: “O BNG demandamos que o Goberno español, dentro das súas competencias, atenda dunha vez as denuncias das veciñas e dos veciños”

Xabier P. Igrexas: “Xunta, Concello e Zona Franca non moveron un só dedo para defender o dereito da veciñanza de Matamá a poder vivir de maneira segura e tranquila”

Ler novas