Medalla Ouro da cidade de Vigo
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG en Vigo

O BNG rexeita acudir á entrega da Medalla de Ouro de Vigo polo uso partidista de Caballero da máxima distinción da cidade

A fronte nacionalista cuestiona a Medalla para Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes do PSOE, poucos días despois de presentar un proxecto de Orzamentos Xerais que renuncia a desenvolver a saída sur ferroviaria e unha rede de cercanías

Lamenta que esta decisión unilateral do rexedor deixe sen recoñecemento ás loitas obreiras de 1972, no seu 50 aniversario, tal como propuxera o BNG e outras organizacións sociais e sindicais da cidade

Xabier P. Igrexas: «Non imos ser cómplices dun alcalde que utiliza as distincións da cidade para lamber a bota do seu goberno en Madrid, que insiste en non atender as necesidades da maior cidade de Galiza»

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo rexeita o uso partidista da Medalla da Cidade polo alcalde

A fronte nacionalista cualifica de “descarada e indecente” a proposta de concederlle a máxima distinción honorífica da cidade á actual Secretaria de Estado de Transportes do Goberno español, Isabel Pardo de Vera.

Xabier P. Igrexas: “Asistimos a un fito máis da deriva autoritaria de Abel Caballero que cada vez ten máis dificultades para diferenciar o seu papel como dirixente do PSOE e como alcalde, para separar partido da institución municipal”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo propón recoñecer coa Medalla de Ouro da Cidade as históricas folgas de 1972

A fronte nacionalista pide outorgar a Dores André, primeira bailarina do Ballet de San Francisco e unha expoñente da danza galega, e á Asociación Mutualista de Residentes de Vigo en Bos Aires o recoñecemento como Vigueses/as Distinguidos/as.

Xabier P. Igrexas: “Facemos estas propostas en positivo, entendendo que as máximas distincións de Vigo teñen que recoñecer á cidade en toda a súa diversidade e pluralidade”.

Ler novas
Actualidade
zonafrancavigo-1000x500

O BNG rexeita que Caballero utilice a medalla de ouro de Vigo para “entronizar o seu sucesor”

“É claro que non é para Zona Franca senón que Zona Franca é a coartada para que o alcalde premie o seu pupilo político”, denuncia Xabier P.Igrexas, candidato do Bloque á alcaldía

O BNG propón que a distinción sexa este ano para unha muller, xa que desde 1987 ningunha recibiu o recoñecemento individual, ou a un colectivo feminista para enviar unha clara mensaxe de que “Vigo queremos ser unha cidade de iguais” e recolla o clamor do 8M

Ler novas