pistas atletismo
Novas

O BNG de Vigo critica a “chapuza” nas pistas de atletismo: tartán esvaradío, charcos e liñas torcidas ou sen pintar

A fronte nacionalista reclama que o Concello corrixa de inmediato as deficiencias provocadas polas reparacións do firme diante do “grave risco” que supoñen para as e os atletas

Denuncia que os ximnasios municipais continúan con peches intermitentes

Filipe Abalde: “As pistas de Balaídos son un emblema do abandono que padece o deporte por parte do Goberno de Caballero, mentres a reforma integral continúa pendente desde 2009”

Ler novas
Novas
Foto_BNG_Pistas Atletismo Balaídos

O BNG garante a reforma integral das “abandonadas” pistas de atletismo de Balaídos cun Goberno de Ana Pontón

A fronte nacionalista critica que o PP botara por terra o convenio de reforma impulsado polo Bloque en 2009 para alimentar a confrontación partidista co Goberno de Caballero

Alexandra Fernández: “Este compromiso inscríbese na aposta do BNG por revolucionar o deporte na Galiza, intensificando o apoio aos clubs deportivos, impulsando unha Lei de Igualdade no Deporte e potenciando as seleccións galegas”

Xabier P. Igrexas: “Ao desleixo da Xunta do PP engádese a nefasta política deportiva do Goberno municipal que, durante os últimos anos, agravou o estado lamentábel das pistas”

Ler novas
Novas
Campo da ETEA sen iluminación na metade do terreo de xogo

O BNG de Vigo propón un plan de reforma para reverter o mal estado de moitas instalacións deportivas

A fronte nacionalista responsabiliza o Goberno de Caballero do peche de numerosos pavillóns, campos e piscinas municipais por falla de mantemento

Denuncia que non se executou no que vai de ano nin un só euro da partida orzamentaria destinada á mellora das dotacións deportivas

Filipe Abalde:
“Non pode escusarse nas malas condicións meteorolóxicas para xustificar este abandono, é un problema de falla de xestión e de vontade política”  

Ler novas
Novas
Estado insalubre dos vestiarios das pistas de atletismo de Balaídos

O BNG de Vigo urxe arranxar as graves deficiencias das pistas de atletismo de Balaídos e avanzar na súa reforma integral

A fronte nacionalista traslada unha moción ao Pleno municipal para instar actuacións inmediatas do Concello ante o estado “lamentábel” das instalacións deportivas

Reclama o compromiso do Goberno local e da Xunta para executar o convenio subscrito en 2008 para a remodelación das pistas en base ás necesidades dos clubs e atletas

Xabier P. Igrexas: “Despois de meses de denuncias e de constatar a total desatención do goberno de Caballero, esixiremos no Pleno medidas que poñan fin a este abandono”

Ler novas
Novas
Estado insalubre dos vestiarios das pistas de atletismo de Balaídos

O BNG de Vigo acusa a Caballero de mentir sobre as pistas de atletismo de Balaídos para encubrir o seu abandono

Rexeita as «escusas» do Goberno municipal após a denuncia da fronte nacionalista pola situación insalubre das instalacións, cuxa titularidade e xestión corresponden ao Concello

Xabier P. Igrexas: «É unha rotunda falsidade que sexan supramunicipais, o concelleiro de Deportes pretende desentenderse así do estado lamentábel no que ten as pistas»

Ler novas