O BNG de Vigo cualifica de “estafa política” as modificacións orzamentarias de Caballero
Afea a negativa do PSOE a mobilizar 14 millóns de euros máis para abordar o grave problema do acceso social á vivenda
A fronte nacionalista denuncia o veto a todas as súas propostas para mellorar a atención dos barrios e parroquias, reforzar as políticas feministas, acabar co devalar cultural e o abandono do deporte, protexer o noso patrimonio e promover a lingua galega
Xabier P. Igrexas: “Caballero insiste nun permanente día da marmota do desgoberno do vuelva usted mañana, de prometer e non facer”