stellantis
Novas
Néstor Rego e Xabier P Igrexas (foto de arquivo)

O BNG urxe ao Goberno español a actuar contra a contaminación de Stellantis na parroquia viguesa de Matamá

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Congreso para que a Zona Franca de Vigo, responsábel do polígono de Balaídos, poña fin a dúas décadas de emisións de micropartículas de pintura, ruídos e cheiros “insoportábeis”

Néstor Rego: “O BNG demandamos que o Goberno español, dentro das súas competencias, atenda dunha vez as denuncias das veciñas e dos veciños”

Xabier P. Igrexas: “Xunta, Concello e Zona Franca non moveron un só dedo para defender o dereito da veciñanza de Matamá a poder vivir de maneira segura e tranquila”

Ler novas
Novas
Carmela González, deputada do BNG no Parlamento, e Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG critica a inacción da Xunta diante das denuncias veciñais en Matamá pola contaminación de Stellantis

A fronte nacionalista reclama ao Goberno galego que garanta o “cumprimento da legalidade medioambiental” diante das queixas polos cheiros e ruídos da factoría viguesa

Carmela González: “Pasaron 20 anos sen que os Gobernos galego, español e municipal tomasen ningunha medida malia as graves consecuencias desta contaminación”

Xabier P. Igrexas: “É inexplicábel que a estas alturas, cando xa hai solucións técnicas, a veciñanza de Matamá siga padecendo estas molestias e efectos sobre a saúde”
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rolda co Comité de UB Stellantis

O BNG de Vigo traslada o seu apoio ao persoal de limpeza de Stellantis en folga pola ameaza de precarizar os salarios

A fronte nacionalista vén de manter unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa, na que se compromete a presentar unha batería de iniciativas para que a Xunta interveña como autoridade laboral

A contrata Urbano Bernabé, encargada do servizo na factoría viguesa, quere impoñer un cambio de convenio colectivo que suporía empobrecer os salarios até un 20% e poñer en risco a continuidade dos postos de traballo

Xabier P. Igrexas: «Non se pode seguir subvencionando a precariedade nin imos consentir que a Xunta olle cara outro lado ante a crecente conflitividade laboral en Vigo»

Ler novas